Os senadores ourensáns do PP urxen ao Goberno de Sánchez medidas “efectivas e reais” para os autónomos, sector “clave” para o funcionamento da provincia e do conxunto do país

Os senadores ourensáns do Partido Popular urxen ao Goberno central que atenda as demandas dos autónomos e emprendedores, con medidas “efectivas e reais” para este importante colectivo que xera riqueza na provincia.

17, febreiro, 2025

Os senadores populares Carmen Leyte, Rosa Sánchez Gándara e Francisco José Fernández, mantiveron hoxe na sede provincial do PP un encontro de traballo con David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA) de Ourense. Na reunión, o líder dos autónomos ourensáns trasladoulles aos senadores populares as necesidades principais do sector.

Tralo encontro de traballo, os senadores populares de Ourense esixen ao Goberno de Pedro Sánchez que poña fin aos problemas que “asfixian” aos emprendedores, tal e como veñen alertando dende hai tempo. A incerteza respecto aos prazos e os procedementos para a actualización das cotas e as dificultades para moitos autónomos en cumprir cos novos requisitos de cotización son dúas das grandes problemáticas que trasladan dende o colectivo de autónomos ourensáns. Os populares tamén se fan eco de necesidades como o recoñecemento da figura do autónomo como figura con entidade propia ou lograr maior flexibilidade na contratación.

Este encontro forma parte da rolda de contactos que os senadores ourensáns manteñen con diversos colectivos, vitais e estratéxicos para o crecemento da provincia, como é o caso dos autónomos. Neste sentido, os populares tamén formulan iniciativas en materia de crecemento e relevo xeracional, como parte dun paquete de medidas urxentes ante un colectivo que resulta clave para o funcionamento da provincia e do conxunto do país. “Os autónomos séntense esquecidos por este Goberno, coa súa falta de inactividade e empatía”, valoran os senadores ourensáns.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.