O PP proclama as cinco candidaturas que optarán á presidencia das agrupacións locais de Larouco, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Lobios e Muíños

A comisión organizadora dos congresos acordou nomear a Patricia Lamela como candidata en Larouco; Pablo Graña en Xunqueira de Espadanedo; María del Carmen Yáñez en Lobios; Antonio Iglesias en Lobeira; e Israel León en Muíños

Os aspirantes á dirección popular nas respectivas agrupacións poderán desenvolver a campaña electoral interna ata o día 27 deste mes

xx, febreiro, 2026

A Comisión organizadora dos cinco congresos locais convocados na provincia de Ourense polo Partido Popular (Larouco, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Lobios e Muíños) vén de proclamar ás persoas que optarán á presidencia da dirección popular nas respectivas agrupacións locais.

Segundo acordaron os membros da comisión, Patricia Lamela Rodríguez, actual alcaldesa, será a única candidata que opte á dirección do PP en Larouco. Será o próximo día 7 de marzo cando se celebre o congreso local no salón de actos municipal a partir das 12.00 horas.

Tamén haberá candidato único na agrupación local de Xunqueira de Espadanedo, onde Pablo Graña Rodríguez, tamén alcalde, preséntase á presidencia popular neste municipio. Será o 21 de marzo ás 12.00 horas no salón de actos do Concello.

María del Carmen Yáñez Salgado será a candidata en Lobios, donde tamén preside o Concello. O congreso está previsto para o 27 de marzo, as 19.30 horas no edificio multiusos.

Na agrupación local de Lobeira, o candidato á presidencia popular será o tamén alcalde Antonio Iglesias Álvarez. A convocatoria está fixada para o 10 de abril ás 19.30 horas no local Alero.

Por último, en Muíños o candidato será Israel León Rodríguez, O conclave celebrarase o 18 de abril no complexo do Corgo a partir das 18.30.

A comisión organizadora está integrada por Miguel Ángel Viso como presidente; Cristina Romero na vicepresidencia; Francisco Fernández Padín como secretario; e Alejandro Pérez e Adriana Álvarez na función de vogais.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.