Javier Rodríguez Rajo, candidato á alcaldía de Barbadás e novo presidente da xestora local

O cabeza de lista popular considera que Barbadás necesita “estabilidade e compromiso”, asegurando que con este paso busca construír un municipio mellor cun equipo que reflicta a sociedade local “cun proxecto serio, con capacidade de xestión e vontade de escoitar á veciñanza”

Na reunión da agrupación local e acompañado pola dirección provincial, o presidente Luis Menor reivindicou que o quinto municipio da provincia por poboación merece “o goberno solvente e estable que tanto necesita a política municipal de Barbadás e que vai garantir o PP con esta candidatura”

8, outubro, 2026

Francisco Javier Rodríguez Rajo foi proposto pola agrupación local do Partido Popular de Barbadás como candidato á alcaldía para as eleccións municipais de 2027, ademais de novo presidente da xestora local.

Rodríguez Rajo (Barbadás, 1971) conta cunha dilatada traxectoria profesional vinculada á Universidade de Vigo, onde ocupou cargos como decano da Facultade de Ciencias e Vicerreitor do Campus de Ourense, alén de ser presidente da Asociación Española de Aerobiología.

O candidato aceptou a invitación para liderar a lista do PP de Barbadás “polo compromiso que sempre sentín co meu concello, onde nacín e resido”. Con este paso busca contribuír coa súa experiencia e xunto a un amplo equipo de persoas a construír un municipio mellor, baseándose “nun proxecto serio, con capacidade de xestión e vontade de escoitar á veciñanza”.

Javier Rodríguez considera que Barbadás necesita “estabilidade e compromiso”. A súa primeira meta será escoitar para coñecer de primeira man cales son as prioridades da veciñanza e así poder dar resposta a cada unha delas. Entre as que xa identifica destaca a necesidade de paliar o importante déficit en infraestruturas do concello, mellorar o benestar dos maiores e novos, ou reactivar o comercio.

Para este proxecto, o candidato popular subliña a importancia de contar cun gran equipo que sexa o reflexo da sociedade local. Por iso avanza que incorporará a persoas de diferentes perfís e experiencias (do ámbito profesional, empresarial, deportivo, cultural, social e asociativo), garantindo ademais que todas as parroquias estean representadas. Unha aposta por un equipo “próximo, plural e preparado con ganas de traballar para mellorar a realidade de Barbadás”.

Luis Menor: “Barbadás merece o goberno solvente e estable que garantirá o PP”

Na reunión da agrupación local e acompañado pola dirección provincial, o presidente Luis Menor reivindicou que o quinto municipio da provincia por poboación merece “o goberno solvente e estable que tanto necesita a política municipal de Barbadás e que vai garantir o PP con esta candidatura”.

O líder dos populares ourensáns, quen tivo palabras de recoñecemento para José Manuel Freire Couto, presidente da xestora desde a súa constitución en decembro de 2024, tamén agradeceu a Javier Rodríguez que aceptara a responsabilidade de encabezar a lista, destacando que “necesitamos aos mellores en política para que lle vaia ben á veciñanza de Barbadás”. O candidato e o seu equipo, xunto aos membros da xestora, engadiu o presidente provincial, “representan a forza do PP para dar rumbo definido ao futuro do concello”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.