O PP de Ourense reafirma o seu modelo de “relevo natural” coa elección de Pablo Graña como novo presidente local en Xunqueira de Espadanedo

Congreso local do PPOU en Xunqueira de Espadanedo. Participan Luis Menor Pérez (Presidente do PPOU), Pablo Graña Rodríguez (Presidente do PPOU en Xunqueira de Espadanedo), os Exalcalde de Xunqueira Agustín Pumar, Ricardo González Lage e Carlos Gómez Blanco, Marta Novoa Iglesias (Vicepresidenta do PPOU) e Sandra Quintas (Secretaria Xeral do PPOU) entre outras autoridades e veciño de Xunqueira de Espadanedo.

O presidente provincial, Luis Menor, destacou que, malia a súa mocidade, Pablo Graña confirma que en Xunqueira hai proxecto e futuro: ”Necesitamos moitas persoas coma el: activos, dinámicos e co interese real de defender a súa terra e traballar polo territorio”

O novo presidente local lembrou que en setembro do pasado ano Carlos Gómez deulle a confianza para rexer o concello, “e hoxe tomo as rendas para liderar a agrupación local do PP coa enerxía que me caracteriza”, prometendo a “unión” como unha das claves do seu proxecto político

21,marzo, 2026

O Partido Popular en Xunqueira de Espadanedo celebrou hoxe o seu congreso local, onde Pablo Graña Rodríguez (Xunqueira de Espadanedo, 1992) foi elixido como novo presidente, nomeamento que oficializa un relevo que comezou a fraguarse en setembro do pasado ano, cando Graña asumiu a alcaldía do municipio.

“Hoxe comezamos a construír unha nova etapa sobre os cimentos que vos puxestes”, dixo Pablo Graña en referencia ás persoas que lideraron o partido con anterioridade. Agradecido ao presidente provincial pola confianza, resumiu o seu programa de intencións afirmando que “aquí tedes a alguén que traballa por e para Xunqueira de Espadanedo, o sono da miña vida”.

Lembrou que en setembro do pasado ano, Carlos Gómez deulle a confianza para rexer o concello, “e hoxe tomo as rendas para liderar a agrupación local do PP coa enerxía que me caracteriza”. Prometeu fomentar a “unión” como unha das claves do seu proxecto político, “traballando para todos porque Xunqueira ten moito que dicir e estamos aquí para que a nosa voz escóitese ben forte”.

Na clausura do congreso, que tamén contou coa presenza da vicepresidenta do PP, Marta Nóvoa, e da secretaria xeral, Sandra Quintas, o presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor o “paso firme e decidido” dos populares de Xunqueira de Espadanedo, que ofrecen así a imaxe dunha formación “viva, unida e con futuro”. Dirixíndose ao novo presidente local, Menor lembroulle que “os teus acertos serán os éxitos do Partido Popular, non só aquí, senón tamén na provincia, en Galicia e en España, porque cada voto neste concello suma para o proxecto común”.

Menor destacou o modelo de “relevo natural” do PP, no que Pablo Graña confirma que en Xunqueira hai proxecto e sabe o que precisa e merece o concello”. “Necesitamos moitas persoas coma el: activos, dinámicos e co interese real de defender a súa terra e traballar polo territorio”.

Un dos momentos máis emotivos do congreso foi o recoñecemento a Carlos Gómez polos seus catorce anos de “servizo público impecable”. Menor destacou o seu compromiso cos veciños, avalado polas sucesivas maiorías absolutas desde 2011, e agradeceu especialmente a súa calidade humana e política: “É unha persoa de partido que soubo dar un paso ao lado para abrir novas etapas, demostrando unha ampla xenerosidade ao seguir formando parte do grupo municipal e traballando polo futuro do municipio desde outra posición”.

Para o presidente provincial, este proceso en Xunqueira é o exemplo claro de que no PP de Ourense “non hai fendas, hai pontes”, combinando o pulo dos novos valores coa experiencia dos veteranos para manter a confianza da cidadanía.

Unha confianza, incidiu, que debe traducirse nas eleccións locais de 2027 en máis das 54 alcaldías actuais, na recuperación da maioría absoluta na Deputación e ser decisivos na capital, sen esquecer desafíos como levar a Alberto Núñez Feijóo á Moncloa e asegurar a segunda maioría absoluta de Alfonso Rueda.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.