O PP da cidade de Ourense pon en valor o “compromiso real” da Xunta con Ourense en materia de vivenda fronte á inacción do Goberno central e o Goberno local

A xornada “Construíndo Galicia desde Ourense”, no que se puxo o foco na vivenda como un dos principais retos sociais do presente e do futuro, contou coa presenza da conselleira de Vivenda, Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue

“Fronte ás trabas e á falta de políticas eficaces do Goberno de España, a Xunta está do lado das persoas, buscando solucións reais para que todos poidan acceder a unha vivenda”, destacou a presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez

Tamén lamentou a popular que non exista ningunha medida municipal impulsada polo Goberno local en materia de vivenda. “Mentres outras cidades galegas desenvolven políticas municipais propias de apoio á vivenda, como bolsas de alugueiro, incentivos fiscais ou plans de rehabilitación urbana, en Ourense o alcalde non impulsou nin unha soa medida”, criticou

“Na cidade de Ourense non temos solo para construir vivenda, por iso estamos a desenvolver un ámbito no barrio do Vienteún, a través dun proxecto de interés autonómico, para a construcción de máis de 1600 vivendas, das cales o 80% serán vivendas protexidas con carácter permanente”, explicou a conselleira de Vivenda, Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue

28, xaneiro, 2026

O Partido Popular da cidade de Ourense celebrou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel a xornada “Construíndo Galicia desde  Ourense”. Un acto que contou coa presenza da conselleira de Vivenda, Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e no que se puxo o foco na vivenda como un dos principais retos sociais do presente e do futuro.

A presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez, fixo fincapé en que a vivenda é hoxe unha das maiores preocupacións da cidadanía. “Sabemos o difícil que é acceder a un piso, a un alugueiro ou a unha primeira vivenda, e por iso para o Partido Popular este é un tema absolutamente prioritario”, subliñou.

Neste senso, a popular destacou o papel da Xunta de Galicia, sinalando que “fronte ás trabas e á falta de políticas eficaces do Goberno de España, a Xunta está do lado das persoas, buscando solucións reais para que todos poidan acceder a unha vivenda”. Ana Méndez tamén lamentou que non exista ningunha medida municipal impulsada polo Goberno local en materia de vivenda. “Mentres outras cidades galegas desenvolven políticas municipais propias de apoio á vivenda —como bolsas de alugueiro, incentivos fiscais ou plans de rehabilitación urbana—, en Ourense o alcalde non impulsou nin unha soa medida”, criticou.

A presidenta da Xestora Local salientou a importancia de contar coa presenza da conselleira de Vivenda, Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, a quen agradeceu a súa asistencia: “Hoxe temos a sorte de contar coa conselleira para explicar todas as axudas, programas e investimentos que a Xunta está a poñer en marcha, e tamén o importante compromiso que existe con Ourense en materia de vivenda”.

Durante o acto puxéronse en valor proxectos clave impulsados pola Xunta na cidade, como as 64 vivendas de promoción pública en Mariñamansa, que se rematarán este ano e o desenvolvemento residencial de Escorial-Vinteún. “Na cidade de Ourense non temos solo para construir vivenda, por iso estamos a desenvolver un ámbito no barrio do Vienteún, a través dun proxecto de interés autonómico, para a construcción de máis de 1600 vivendas, das cales o 80% serán vivendas protexidas con carácter permanente”, explicou a conselleira, Martínez Allegue.

Tamén se destacou o novo programa da Xunta para a adquisición de baixos comerciais e a súa transformación en vivendas, unha medida innovadora que permitirá aumentar a oferta residencial e revitalizar zonas urbanas. “Esta oferta pública de adquisición en Ourense é un paso máis para incrementar o número de vivendas públicas na cidade, ao converter os locais en desuso en inmobles para uso residencial”, subliñou Martínez Allegue.

“Hoxe falamos de feitos reais, de promesas cumpridas. A Xunta está a investir, a planificar e a executar, demostrando con proxectos concretos que a vivenda é unha prioridade”, afirmou Ana Méndez, quen engadiu que “Ourense non pode quedar atrás e por iso é tan importante este compromiso do Goberno galego coa nosa cidade”.

O acto concluíu cun chamamento á participación e ao diálogo, animando ás persoas asistentes a trasladar as súas dúbidas e necesidades. “Queremos escoitarvos, tomar nota e seguir traballando para construír un Ourense con máis oportunidades e cun acceso á vivenda máis xusto e realista”, concluíu a presidenta da Xestora Local, Ana Méndez.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.