O Grupo Municipal Popular solicita ao alcalde que rectifique e retome as negociacións coa Xunta de Galicia e cos comerciantes

“Tanto a Xunta de Galicia como os propios praceiros xa anunciaron a súa disposición a retomar as negociacións porque os comerciantes non poden volver a unha praza sen postos, sen enchufes, sen cámaras frigoríficas e sen circuíto de carga e descarga”, asegura a portavoz, Ana Méndez.

“O goberno galego non só mediou cos praceiros e co Concello, senón que ofreceu financiar ata o 60% da obra pendente, cunha achega de 1,4 millóns de euros. E todo para que Ourense recupere a súa Praza de Abastos”, indica a portavoz.

“Os propios praceiros non poden facerse cargo duns traballos que lle corresponden ao Concello, están en xogo 40 negocios, 250 empregos e o futuro da Praza de Abastos de Ourense”, conclúe a portavoz popular.

14, abril, 2025

Despois de que o alcalde notificase, hai uns días, aos comerciantes da Praza de Abastos que deben abandonar a súa ubicación provisional na Alameda e regresar ao edificio histórico, a pesar de que no seu interior está totalmente diáfano, sen condicións mínimas para retomar a actividade e cunha reforma que continúa incompleta, o Grupo Municipal Popular solicita ao goberno local que cambie de postura e retome as negociacións cos praceiros e coa Xunta de Galicia, para que esta situación se resolva sen necesidade de recorrer a medidas xudiciais.

Tal e como avanza a portavoz, Ana Méndez, “tanto a Xunta de Galicia como os propios praceiros xa anunciaron a súa disposición a retomar as negociacións porque os comerciantes non poden volver a unha praza sen postos, sen enchufes, sen cámaras frigoríficas e sen circuíto de carga e descarga”.

Por outra banda, o PP lembra que foi o propio Concello quen asinou en 2018 un convenio onde se comprometía a executar a reforma respectando o proxecto orixinal de 2013 e a garantir que o regreso dos praceiros se producise en condicións equivalentes ás da concesión do ano 2000. “Non cumprir ese compromiso é romper unilateralmente un acordo clave para o traslado do mercado á Alameda”, sinala a portavoz popular.

Neste sentido, os populares destacan que, fronte á inacción do alcalde, a Xunta de Galicia mantén e mantivo en todo momento unha actitude construtiva e de colaboración, a pesar de que as competencias son municipais. “O goberno galego non só mediou cos praceiros e co Concello, senón que ofreceu financiar ata o 60% da obra pendente, cunha achega de 1,4 millóns de euros. E todo para que Ourense recupere a súa Praza de Abastos”, indica Ana Méndez.

Por último, o Partido Popular reitera ao alcalde que rectifique de inmediato, que se sente a negociar con rigor cos praceiros e que acepte a proposta da Xunta, a única que ofrece unha saída realista para recuperar a actividade na Praza e devolver a Alameda á cidade. “Os propios praceiros non poden facerse cargo duns traballos que lle corresponden ao Concello, están en xogo 40 negocios, 250 empregos e o futuro da Praza de Abastos de Ourense”, conclúe a portavoz.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.