Emilio Pazos revalida a presidencia da agrupación local do PP de Trasmiras

No Congreso local celebrado na Casa da Cultura, o líder local dos populares propuxo unha renovación do partido coa incorporación “de xente moza e ben preparada, pero sen esquecer aos veteranos”, para seguir optando a gobernar Trasmiras, ademais de loitar por manter o goberno na Deputación

O presidente provincial, Luis Menor, destacou que Emilio Pazos representa esa xeración de alcaldes populares que grazas ás súas maiorías absolutas -cinco neste caso- “conseguiron dar estabilidade ao concello e por suposto tamén ao partido”

15, novembro, 2025

O Partido Popular de Trasmiras celebrou esta mañá o seu congreso local, no que Emilio José Pazos Ojea (Alemaña, 1975) revalidou a presidencia da agrupación. O tamén alcalde agradeceu o apoio por parte da militancia, anunciando o nomeamento de Delfín Paz Blanco -concelleiro ao que lle correspondería ser alcalde en 2006- como presidente de honra do PP de Trasmiras.

Pazos Ojea propuxo para esta nova etapa unha renovación coa incorporación “de xente moza e ben preparada, pero sen esquecer aos veteranos”. Un equipo “a futuro” para deixar o partido en boas mans no momento da súa retirada e seguir optando a gobernar Trasmiras, ademais de loitar por manter o goberno na Deputación.

O presidente provincial, Luis Menor, destacou que Emilio Pazos representa esa xeración de alcaldes populares que grazas ás súas maiorías absolutas -cinco neste caso- “conseguiron dar estabilidade ao concello e por suposto tamén ao partido”. O PP de Ourense, remarcou Luis Menor, precisa da experiencia de persoas que fan política “de tú a tú”, persoas de partido que desde moi novas -xa con 12 anos- participaban en campañas electorais.

Pero tamén o Partido Popular necesita das veciñas e veciños de concellos como Trasmiras, engadiu o presidente provincial, “que coa súa confianza permítennos gobernar”. Para gañar ese apoio, advertiu, o primeiro que necesítase é ter un partido sólido e unido- Por iso celebrouse este congreso: “para reafirmar ao voso presidente local e estar preparados ante a convocatoria de calquera proceso electoral”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.