
“Afrontamos este novo ano con máis ganas ca nunca. Somos un partido de goberno que aspira a liderar un cambio serio e responsable. Temos un equipo sólido e a determinación necesaria para ofrecer unha alternativa real”, afirmou a presidenta da Xestora Local Ana Méndez
“Estamos a construír o noso proxecto de cidade, un proxecto serio, realista e ambicioso, pensado con tempo, con método e con vocación de futuro. Un proxecto que nos permitirá afrontar os grandes retos e acadar a cidade que desexamos desde o Partido Popular”, explicou a popular
Ana Méndez avanzou que o PP intensificará a súa acción política para “fixar posición con claridade fronte aos problemas reais”, denunciando “os incumprimentos, a falta de planificación e as irregularidades na xestión do goberno municipal, que están a hipotecar o futuro da cidade”
13, xaneiro, 2026
A presidenta da Xestora Local, Ana Méndez, presidiu esta tarde a primeira convocatoria do ano da Xestora Local, un encontro no que se puxo o foco en retomar a actividade política tras as festas do Nadal e en reforzar a estratexia do partido de cara aos próximos meses.
Durante a reunión, Ana Méndez trasladou unha mensaxe de unidade, ilusión e ambición política, asegurando que “o PP de Ourense non para” e que afronta este novo ano “con máis ganas ca nunca e cun obxectivo claro: traballar para volver gobernar a cidade”.
“O Partido Popular é un partido de goberno que aspira a liderar un cambio serio e responsable. Temos un equipo sólido e a determinación necesaria para ofrecer unha alternativa real”, afirmou a presidenta da Xestora Local.
Ana Méndez puxo en valor o traballo realizado nos últimos meses pola xestora local, destacando “o esforzo constante e leal de moitas persoas que están a traballar desde os barrios, desde os distritos e desde os grupos sectoriais para fortalecer o partido e achegalo á realidade da veciñanza”.
“Estamos a construír o noso proxecto de cidade, un proxecto serio, realista e ambicioso, pensado con tempo, con método e con vocación de futuro. Un proxecto que nos permitirá afrontar os grandes retos e acadar a cidade que desexamos desde o Partido Popular”, explicou.
Neste senso, a presidenta da Xestora anunciou que o PP continuará coa súa dinámica de traballo político, centrada en analizar, escoitar e propoñer solucións nos ámbitos clave e estratéxicos. “Seguiremos a escoitar á veciñanza, aos colectivos e aos axentes sociais e económicos. Só así se constrúe un proxecto sólido e útil”, sinalou.
Ao mesmo tempo, a popular avanzou que o PP intensificará a súa acción política para “fixar posición con claridade fronte aos problemas reais”, denunciando “os incumprimentos, a falta de planificación e as irregularidades na xestión do goberno municipal, que están a hipotecar o futuro da cidade”.
Ana Méndez concluíu cunha mensaxe de confianza e mobilización interna: “Ourense necesita un cambio serio. Hai equipo, hai ilusión, hai ganas e hai proxecto. Agora toca seguir traballando xuntos, con responsabilidade e ambición”.