Arquivo anual: %s 2025

este artigo

Alfonso Rueda destaca a velocidade das axudas do Goberno galego para os afectados polos incendios en Ourense: “Xa empezan a estar resoltas e pagadas”

O presidente dos populares galegos subliña que, das 83 solicitudes recibidas no caso das axudas destinadas á reconstrución ou compra de vivendas, 9 delas xa están abonadas Recorda que se creará unha nova base en Verín para acoller medios aéreos de extinción e reclama ao Goberno central a creación dunha […]

O PP denuncia a condena e discriminación a Ourense polo deseño “centralista e urbanita” da alta velocidade do Goberno

Nunha pregunta ao ministro de Transportes na sesión de control ao Goberno, a senadora Rosa Sánchez Gándara afirma que a supresión de 16 trens semanais na Gudiña supón “a exclusión dos núcleos de poboación rural e unha vulneración da igualdade” “Os ourensáns non son cidadáns de segunda nin perdedores, pagan […]

O PP de Ourense reclama a Sánchez que “faga os deberes” e instale unha base da UME en Toén, “referente europeo” na investigación de lumes

A portavoz do grupo provincial do PP, Patricia Torres, insta ao Goberno central á dotación de recursos contra os incendios forestais que asolaron a provincia O Grupo Provincial do PP defenderá no pleno da Deputación a suspensión das regras fiscais para que as administracións poidan destinar inversións sostibles e necesarias […]

O PPdeOU aborda cos representantes da asociación “Justicia Guardia Civil” o déficit de axentes e peche de cuarteis no rural ourensán

10, setembro, 2025 A secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas, e a portavoz provincial popular, Patricia Torres, mantiveron unha reunión con representantes da asociación profesional “Justicia Guardia Civil” (Jucil), na que abordaron entre outros asuntos o déficit de axentes e o peche de cuarteis na provincia de Ourense que están […]

Luis Menor felicita a Pablo Graña, novo alcalde de Xunqueira de Espadanedo: “Os teus acertos serán os éxitos deste municipio”

Tralo pleno celebrado esta tarde, o presidente provincial, Luis Menor, tamén agradeceu o “gran traballo” que fixo o seu antecesor no cargo, Carlos Gómez, durante catorce anos, deixando unha “fonda pegada” na veciñanza 9, setembro, 2025 O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe ao Pleno de […]

José Manuel Gil relevará a Rubén Quintas á fronte da agrupación local do Partido Popular de Maceda

Nunha reunión cunha notable presenza de afiliados e simpatizantes, o presidente provincial Luis Menor enmarcou esta nova etapa no PP de Maceda no amplo obxectivo de “activar e preparar o partido ante calquera convocatoria electoral” Gil Carballo (Maceda, 1972), concelleiro do grupo municipal desde hai 10 anos, onde exerce como […]

Andrés Montesinos: “Esta moción de censura non responde á falta de xestión, senón á obsesión de dous grupos políticos por desaloxar a un goberno honesto, capaz e traballador”

O alcalde saínte fixo un repaso da acción do goberno municipal, destacando a resolución dos problemas co Servizo de Axuda no Fogar e a aprobación dos orzamentos hai apenas dous meses. Lamentou que PSOE e BNG “sempre preferiron entorpecer máis que solucionar os problemas que lle afectan á veciñanza de […]

Os deputados do PP de Ourense reiteran a urxencia de que Renfe rectifique e recupere xa neste mes de setembro as paradas do AVE na Gudiña que houbo ata o 9 de xuño

Expresan o seu malestar porque Renfe manteña os horarios discriminatorios ata o 13 de decembro, de xeito que os usuarios da estación Porta de Galicia non teñen máis alternativa matinal para viaxar a Madrid que tomar un AVLO ás 12:08h, que chega á capital ás 14:08h. E se queren regresar […]

Patricia Torres: “O  Goberno de España non estivo á altura ao igual que a oposición autonómica que preferiu a foto e a pancarta antes que estar ao carón da xente e das institucións”

Durante o pleno extraordinario urxente provincial no que se debateu a situación dos lumes na provincia de Ourense, o grupo provincial do PP Popular de Ourense reivindicou que os incendios só se apagan con “medios, coordinación e compromiso co territorio” e propuxo aos grupos políticos a “analizar e facer propostas […]