Arquivo mensual: %s Outubro 2025

este artigo

Fronte común dos deputados do PP de Ourense e Lugo ante a falta de avances do Goberno de Sánchez na rehabilitación do firme “absolutamente deteriorado” da N-540

Nunha nova iniciativa parlamentaria ante as respostas “claramente insuficientes” sobre o proxecto de mellora desta estrada Esta é a segunda vez no presente ano en que as deputadas e deputados populares solicitan información ao Goberno sobre a rehabilitación da vía, para un proxecto que ten “un prazo de contrato enorme: […]

O Goberno socialista non compromete data para finalizar o primeiro tramo do Variante Norte e atrasa deliberadamente ou abandona os demais tramos a autovía A-56, Ourense-Lugo

Tres anos e seis meses despois do inicio das obras do tramo Eirasvedras-Quintela, o Goberno “é incapaz de comprometer unha data de finalización, oculta a porcentaxe de execución das obras e confima que aínda non comezaron a executar os dous viadutos singulares deste tramo”, afirma o dipuado Celso Delgado 21 […]

O grupo provincial do PP pedirá a reprobación do ministro Puente pola súa “acreditada incapacidade” e esixe a Sánchez reverta “de forma inmediata” os horarios das paradas de tren na Gudiña

A portavoz popular Patricia Torres critica os “permanentes comportamento indignos” do ministro de Transportes coa provincia de Ourense Nunha moción a debater no pleno de outubro, o PP defenderá a necesidade de que se rectifique a decisión do Goberno central de suspender as frecuencias, pasando de 56 a 41 semanais […]

Deputados do PP de Ourense e León denuncian que finalizados o primeiros nove meses de 2025 o Goberno socialista segue sen licitar o primeiro tramo da A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo

Lembran que o goberno de Pedro Sánchez incumpriu flagrantemente os compromisos de licitar estas obras, primeiro en 2023 e logo en 2024 “O Goberno xa non pode seguir dando escusas nin seguir coa repetitiva mención de que ” afirma Celso Delgado Denuncian que os dirixentes socialistas bercianos e valdeorreses seguen […]

O PP de Manzaneda presenta unha moción de censura contra o alcalde socialista ante perda de apoio do seu grupo e a inestabilidade dun goberno local en minoría

A candidatura á alcaldía do popular Pedro Yáñez Salgado está apoiada pola concelleira do PP Verena Yáñez Álvarez e os edís non adscritos Miguel Domínguez Hervella e Antonio Núñez Estévez, ata xullo nas filas do grupo socialista Os asinantes da moción explican que dan este paso ante “a grave situación […]

A vicesecretaría de Igualdade do PPdeOU mantén un encontro coa Asociación de Mulleres Rurais de Gomesende para poñer en valor o seu papel a prol do territorio

Con motivo do Día Internacional da Muller Rural, a vicepresidenta do PPdeOU e a vicesecretaria de Igualdade, Marta Nóvoa e Elena Freijedo, reuníronse coa Asociación de Mulleres Rurais presidida por Pura Rodríguez, alcaldesa do municipio, para coñecer de primeira man o traballo que realizan a prol das mulleres do territorio […]

O PP de Ourense convoca cinco congresos locais e aproba tres novas xestoras co obxectivo de chegar a 2027 como un partido “decisivo na provincia e na capital”

Na Xunta Directiva celebrada esta tarde, o presidente provincial, Luis Menor, destacou a “fortaleza e cohesión” que está a dar ao partido este proceso de actualización e consolidación, que cara o remate do ano terá facilitado xa a renovación da metade das agrupacións Os congresos locais convocados son Laza; Trasmiras; […]

O PPdeG reivindica a “liberdade” da mocidade galega e avanza que apostará “máis que nunca” pola xente nova nas candidaturas de próximas eleccións

A secretaria xeral Paula Prado, o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, e a presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira, clausuraron hoxe o acto ‘Galicia goberna o seu futuro’ organizado pola organización xuvenil dos populares en Ourense Paula Prado: “Os mozos e mozas non poden ter […]

O PP advirte que a proposta para o novo marco financeiro europeo pon en perigo a asignación de recursos ás entidades locais da provincia de Ourense e deixa en mans de Sánchez a xestión dos fondos

O eurodeputado do PPdeG, Adrián Vázquez, nunha visita a Pereiro de Aguiar, acompañado polo presidente do PPdeOU, Luis Menor, destacou que o novo modelo ofrece conclusións “moi decepcionantes”, cun “ineficiente cambio de modelo e un sistema de pagos centralizado”. As consecuencias serán menos investimentos provinciais e máis marxe de manobra […]