
“O alcalde dedicouse a desprestixiar esta actuación públicamente nas redes sociais, o que contribúe a que a moitos cidadáns non respecten a senda, a sinalización nin o carril bici, e que vexamos coches aparcados enriba da senda”, critica a voceira, Ana Méndez
“Mentres a Xunta inviste e humaniza a nosa cidade, o alcalde mantén os marxes do río Barbaña, por onde discorre a senda, cheos de maleza, lixo e sucidade e cunha imaxe lamentable”, subliña a popular
O Grupo Municipal Popular, lembra que ao longo do percorrido aparecen edificios municipais completamente abandonados, como a antiga cárcere ou a antiga casa de baños. Espazos con enorme potencial que o alcalde ten abandonados e sen vontade política para rehabilitalos e poñelos ao servizo da cidade
“O contraste non pode ser máis claro: a Xunta aposta por conectar, coidar e modernizar Ourense, e o goberno municipal responde con desleixo, crítica constante e abandono das súas propias competencias”, resume a portavoz
9, xaneiro, 2026
O Grupo Municipal Popular quere poñer en valor a finalización da nova senda peonil e ciclista que conecta Ourense de norte a sur, unha actuación impulsada e financiada pola Xunta de Galicia cun investimento de de 5,8 millóns de euros, e que supón “un salto cualitativo na mobilidade sostible, na humanización de rúas e na conexión dos principais espazos da cidade”.
A portavoz do PP, Ana Méndez, destaca que esta infraestrutura “permite atravesar Ourense a pé ou en bicicleta nun itinerario continuo de máis de 4 quilómetros, conectando, desde a estación intermodal ata o Paco Paz, a avenida das Caldas, a praza de Abastos e o paseo do Barbaña”. “É unha actuación pensada para as persoas, para reducir o uso do coche e para facer unha cidade máis amable e moderna”, engade.
Os populares salientan tamén a humanización de vías como a avenida das Caldas e a creación da pasarela elevada no paseo do Barbaña, que ofrece unha nova perspectiva da cidade e recupera un espazo que levaba anos esquecido. “A Xunta demostra con feitos que cre en Ourense, na mobilidade sostible e na mellora da calidade de vida urbana”, afirma a voceira.
Porén, desde o PP lamentan a actitude do alcalde de Ourense, que lonxe de apoiar unha actuación positiva para a cidade, dedicouse a desprestixiala públicamente cuestionando a súa utilidade nas redes sociais. Para Ana Méndez, “este discurso irresponsable contribúe a que a cidadanía non respecte a senda, a sinalización nin o carril bici, e que vexamos coches aparcados enriba dunha infraestrutura pensada para peóns e ciclistas”.
Ademais, os populares denuncian o abandono absoluto do entorno polo que discorre a senda, un ámbito que é de titularidade municipal. “Mentres a Xunta inviste e humaniza a nosa cidade, o alcalde mantén os marxes do río Barbaña cheos de maleza, lixo e sucidade e cunha imaxe lamentable”, critica a popular.
Neste senso, o PP lembra que ao longo do percorrido aparecen edificios municipais completamente abandonados, como a antiga cárcere ou otros inmobles sen uso como a antiga casa de baños. “Falamos de espazos con enorme potencial cultural, social ou turístico que o alcalde ten abandonados e sen vontade política para rehabilitalos e poñelos ao servizo da cidade”, lamenta a portavoz.
“O contraste non pode ser máis claro: a Xunta aposta por conectar, coidar e modernizar Ourense, e o goberno municipal responde con desleixo, crítica constante e abandono das súas propias competencias”, resume a voceira popular.