O PP lamenta a “manobra de distracción” do PSOE respecto á moción sobre os encoros transfronteirizos, xa que nunca manifestaron a posibilidade de que fose unha iniciativa conxunta

A portavoz do grupo provincial popular, Patricia Torres, cualifica a reacción dos socialistas como unha estratexia para desviar a atención, co fin de que o PSOE evite apoiar unha moción que favorece aos concellos de Lobios e Entrimo, pero que vai en contra do Goberno de Sánchez

Lembran os populares que o portavoz socialista nunca se manifestou sobre este asunto, nin en comisións informativas nin en xunta de portavoces, cando se abordaron as mocións que irían ao pleno

26, febreiro, 2025

O grupo provincial do Partido Popular amosa a súa sorpresa pola actitude do PSOE no tocante á moción sobre os encoros transfronteirizos que defenderá o PP no pleno da Deputación deste venres, 28 de febreiro.

A portavoz popular, Patricia Torres, explica que o portavoz do grupo socialista, pese a presidir a rolda de prensa que ofreceron onte para criticar esta iniciativa, non se pronunciou en ningún momento cando se abordou este asunto en comisións informativas ou xunta de portavoces. “Nin dixo nada nin se manifestou a este respecto. Se propuxera daquela a posibilidade de realizar unha moción conxunta, non teríamos ningún problema en aceptala porque é un tema de interese”, recalca Torres, que lembra que se trata dunha demanda histórica dos municipios de Lobios e Entrimo.

Sospeitan os populares que “estamos ante unha manobra de distracción para que o PSOE non teña que votar unha moción que favorece aos concellos de Lobios e Entrimo, pero que vai en contra do Goberno de Sánchez”, motivo fundamental polo que “pretenden desviar a atención con esta cortina de fume, implicando ademais á Xunta e á Deputación nun tema que é competencia propia e exclusiva do Goberno Central, pois fundaméntase nun Tratado Internacional”, conclúe a deputada.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.