O PP de Ourense condena os actos vandálicos na súa sede provincial e denuncia o clima de confrontación que se pretende xerar atacando aos espazos de representación política

Ante a pegada de carteis rexistrada na súa fachada a pasada noite, o Partido Popular fai un chamamento á responsabilidade e ao civismo, lembrando que a liberdade de expresión ten múltiples canles para expresarse, “pero xamais pode ser atacando as sedes dos adversarios políticos”

2, febreiro, 2026

O Partido Popular de Ourense condena os actos vandálicos rexistrados esta pasada noite na súa sede coa pegada de carteis na fachada das súas oficinas, nun ataque que só pretende “xerar un clima de confrontación e conflitividade” por parte do independentismo galego.

O vandalismo contra á sede do PP ourensán, que tamén se reproduciu noutras sedes galegas, constitúe un “rexeitable exemplo de incivismo e falta de convivencia democrática”, atacando os espazos de representación política e polo tanto tamén dos cidadáns.

O PP de Ourense lamenta que utilícense os espazos privados dun partido político como “diana” para as reivindicacións e propaganda allea de formacións e grupos do independentismo galego, que dá mostras unha vez máis de non entender que as sedes dos partidos políticos son espazos que merecen todo o respecto. Atacar unha sede política, “sexa cal sexa”, “só demostra “intolerancia”, subliña a dirección provincial.

O Partido Popular fai un chamamento á responsabilidade e ao civismo, lembrando que a liberdade de expresión ten múltiples canles para expresarse, “pero xamais pode ser atacando as sedes dos adversarios políticos. Este tipo e accións non vai distraernos do noso compromiso para seguir traballando pola provincia.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.