O Partido Popular afea ao Goberno Central os retrasos na normativa que permita ás deputacións e aos concellos financiar inversións “clave” para a cidadanía co superávit do 2024

A voceira do Grupo Provincial Popular, Patricia Torres, destaca como “necesaria” a aprobación da normativa que dea sostibilidade financieira as entidades locais, “crucial” para investir en saneamento, recollida de residuos, enerxía, comercio ou promoción turística

14, marzo, 2025

O Grupo Provincial do Partido Popular vén de rexistrar unha moción, para o seu debate no vindeiro pleno da Deputación, na que se insta ao Goberno Central a que aprobe un Real Decreto Lei que permita a prórroga do destino do superávit do ano 2024, para as entidades locais no ano 2025. A voceira dos populares na Deputación critica o “descoñecemento” que atopan as deputacións e concellos da situación actual das regras fiscais, que están impedindo que estas entidades locais destinen o saldo positivo que quedou do exercicio anterior a financiar inversións “clave” para a cidadanía.

O PP na Deputación afea ao Goberno de España os retrasos en abordar o novo sistema de financiación autonómica, o que está impedindo que as entidades locais se planifiquen para facer fronte ao incremento dos prezos dos gastos correntes, ao persoal ou a prestación de servizos aos cidadáns.

“É imprescindible determinar canto antes os obxectivos de estabilidade e sostibilidade financieira” indica Patricia Torres, que destaca como “crucial e necesario” que os concellos e deputacións poidan destinar o superávit do ano 2024 nas mesmas condicións que o ano anterior.

No contexto actual, existe unha prórroga dos Presupostos Xerais do Estado do ano 2023, debido a que non se aprobou unha nova Lei de Presupostos Xerais para o ano 2025, nin se definiron os obxectivos de estabilidade e sostibilidade financieira para este ano. Por tanto, a Deputación e os concellos non saben como se aplicará a lei nin a posibilidade de destinar o superávit do ano 2024 a inversións.

Cabe mencionar que a lei orgánica 2/2012 de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade Financieira regulaba que cando as corporacións locais, tras atender as obrigacións pendentes en materia orzamentaria (pago a proveedores, etc), o restante saldo podía destinarse a financiar inversións sempre que estas fosen financieiramente sostibles. Neste punto, o Grupo Popular Provincial incide na “oportunidade” que supuña facer investimentos en áreas como saneamento, abastecemento de augas, recollida de residuos, iluminación pública, industria, enerxía, comercio ou promoción turística, entre outras.

Debido a estas necesidades de inversión e sostibilidade financieira, os populares ourensáns urxen que o Goberno central dea luz verde a ese decreto lei, regulando así as normas especiais para o destino do superávit orzamentario, que van desde a realización de inversións financieiramente sostibles ao pago a provedores ou a amortización da débeda.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.