O farmacéutico Vicente Álvarez será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Bolo e asume a presidencia da xestora local

Con 21 anos á fronte dunha farmacia no Bolo e expresidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, asume o reto “con moita ilusión”, movido polo “ben do meu pobo, a sustentabilidade e o seu desenvolvemento económico”

O presidente provincial, Luis Menor, agradeceu que aceptase o reto de recuperar para o PP a alcaldía do Bolo, lembrando que o seu xa soara noutras ocasións para encabezar o proxecto popular no concello

Ourense, 28, outubro, 2026

Vicente Álvarez Fernández (Ferrol, 1966) será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Bolo nas eleccións municipais de maio de 2027, ademais de novo presidente da xestora da agrupación local. Álvarez incorpórase así á política local asumindo “con moita ilusión” a responsabilidade de liderar o proxecto popular no concello, tras aceptar a proposta da agrupación e a invitación da dirección provincial para encabezar a lista.

Farmacéutico de profesión, Vicente Álvarez leva 21 anos á fronte dunha farmacia no Bolo, un traballo que o mantén en contacto diario coa veciñanza e que lle permite coñecer de primeira man as súas preocupacións. A súa traxectoria inclúe ademais unha década como presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, cargo que ocupou entre 2009 e 2019.

“O ben do meu pobo, a sustentabilidade e o seu desenvolvemento económico” son, segundo explica, as razóns de máis peso que o levaron a dar este paso. Un compromiso que parte da súa análise sobre a situación do concello: “Pouco a pouco vanse perdendo servizos e poboación, e gustaríame poñer todo o meu esforzo en reverter esta tendencia”.

Para conseguilo, o novo presidente da xestora sinala como primeira tarefa a configuración dun equipo “coas persoas máis comprometidas, para que me axuden a cumprir con este obxectivo”.

Luis Menor: “Vicente Álvarez é a persoa que O Bolo necesita para unha nova etapa”

O presidente provincial do PP, Luis Menor, agradeceu a Vicente Álvarez que aceptase o reto de recuperar para o Partido Popular a alcaldía do Bolo, lembrando que o seu nome xa soara en ocasións anteriores para asumir este desafío. “Hoxe dá o paso, e iso é unha excelente noticia para o PP e, sobre todo, para a veciñanza do Bolo”, afirmou.

O líder dos populares ourensáns destacou o perfil do candidato, “unha persoa coñecida que leva máis de vinte anos ao servizo dos seus veciños desde a farmacia e que demostrou a súa valía á fronte do Colexio de Farmacéuticos”. Neste sentido, subliñou que O Bolo necesita frear a perda de servizos e de poboación, e que “con Vicente á fronte e un equipo comprometido, o PP volverá ser a alternativa de goberno que este concello merece”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.