Luis Menor destaca a “experiencia, compromiso e vocación de servizo público” de Israel León, quen abre unha nova etapa no PP de Muíños tras asumir a presidencia da agrupación local

No congreso celebrado esta tarde, o presidente provincial pediulle ao novo presidente local que contribúa “a facer fronte aos desafíos que temos por diante”, achegando unha visión clara das prioridades e necesidades tanto do municipio como da provincia

Tras relevar a Plácido Álvarez á fronte dos populares locais, León púxose deberes, asegurando ser consciente de que a presidencia local do PP esixirá “moita dedicación, escoita e capacidade de diálogo”, co obxectivo de que o Partido Popular de Muíños siga sendo referencia de estabilidade e compromiso

18, abril, 2026

Israel León Rodríguez foi elixido esta tarde novo presidente do Partido Popular de Muíños, no congreso celebrado pola agrupación local e no que o presidente provincial popular, Luis Menor, destacou a súa ““experiencia, compromiso e vocación de servizo público”.

Con este congreso, dixo o presidente provincial, “reafirmamos o compromiso do Partido Popular con Muíños e facémolo dando paso a unha persoa que leva desde mozo o servizo público no seu ADN”, en referencia a Israel León, do que destacou o seu “forte apego aos seus e á súa terra”. Menor pediulle que contribúa “a facer fronte aos desafíos que temos por diante”, achegando unha visión clara das prioridades e necesidades tanto do municipio como da provincia.

Non faltaron palabras de recoñecemento para o anterior presidente local, Plácido Álvarez, “referente na política local e provincial”, de quen puxo en valor a súa “dedicación e esforzo á hora de facer política”. Subliñou que tanto Israel como Plácido “son hoxe o exemplo máis claro do relevo natural, ordenado e tranquilo que caracteriza ao PP”.

Estes congresos, dixo Luis Menor, permiten ter “un partido actualizado, unido, forte e no que poida confiar a cidadanía”, premisas básicas ante os importantes retos de 2027, onde os obxectivos son superar as 54 alcaldías actuais, recuperar a maioría absoluta na Deputación e ser decisivos na capital da provincia, ademais de contribuír á segunda maioría absoluta de Alfonso Rueda e “levar á Alberto Núñez Feijóo á Moncloa”.

Israel León anunciou, pola súa banda, que Plácido Álvarez será o presifiente de honra do PP de Muíños, que afronta esta nova etapa “como un reto maiúsculo, con ilusión e moitas gañas de traballar”, subliñando que fomentará a “unidade, apertura a novas ideas e unha actitude construtiva”.

Agradecido a Plácido Álvarez de que “confiase en min desde moi novo para aprender ao seu carón”, engadiu que a súa prioridade será que cada membro do equipo do PP de Muíños “aporte, sume e represente os valores de proximidade, responsabilidade e servizo, que son os que queremos transmitir”.

León púxose deberes, asegurando ser consciente de que a presidencia local do PP esixirá “moita dedicación, escoita e capacidade de diálogo”, co obxectivo de que o Partido Popular de Muíños siga sendo referencia de estabilidade e compromiso: “Estou preparado para elo”.

O congreso de Muíños pon fin á primeira quenda de convocatorias locais de 2026, logo dos conclaves celebrados en Larouco, Xunqueira de Espadanedo, Lobios e Lobeira.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.