José Luis Suárez revalida a presidencia da agrupación do Partido Popular en Monterrei

José Luis Suárez Martínez (Róterdam, Holanda, 1967) vén de revalidar a presidencia do Partido Popular en Monterrei, logo do congreso celebrado nesta agrupación local. Unha convocatoria que clausurou o presidente provincial, Luis Menor, quen destacou que entre os obxectivos de José Luis Suárez “non está simplemente revalidar as maiorías absolutas no seu municipio en cada elección, senón seguir facendo que o partido medre”.

30, maio, 2025

Para Luis Menor, a confianza do presidente local na situación de solidez do partido “non implica que haxa que deixar de seguir traballando duro para gañar o apoio maioritario da veciñanza”. Neste sentido apuntou que Suárez ten un amplo coñecemento das administracións, por iso sabe da importancia da colaboración con outras administracións como a Deputación e a Xunta, en asuntos tanto de ámbito local como provincial, como está a facer cunha das xoias patrimoniais da provincia como é o Castelo”.

Pola súa banda, José Luis Suárez agradeceu á dirección provincial que convocara este congreso, o que lle permite renovar a agrupación local, que celebrara o seu último conclave en 2014. O presidente dos populares de Monterrei asegurou que estas citas son fundamentais tanto para organizar como para poñer a punto o partido. “Unha posta en común de ideas para falar de futuro”, dixo, coa vista posta nas elección municipais de maio de 2027 e cun partido “unido e consolidado”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.