Fernando Sotelo será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Coles

O cabeza de lista dá o salto á política activa nun ambiente que cualifica como de “ilusión e renovación ao redor dun novo proxecto do PP en Coles, recuperando o sentimento de pertenza ao partido”, mesmo facendo novos afiliados e coa implicación de xente moza

O presidente provincial, Luis Menor, recalca a condición de Coles como “concello popular”, como así o demostra o máis do 46 % de apoio que rexistrou o PP neste municipio nas autonómicas de 2024. Agora, asegura, confía na capacidade deste proxecto “para liderar un cambio en positivo”

19, outubro, 2026

O Partido Popular presentará como candidato á alcaldía de Coles a Fernando Sotelo González (Ourense, 1983), quen acepta esta designación como “un paso decisivo no seu compromiso para impulsar o concello”. Empresario local cunha consolidada traxectoria vinculada ao sector da automoción, Sotelo González agradeceu a oportunidade que lle brinda o PP de Coles e a dirección provincial, de cuxo líder, Luis Menor, chamoulle a atención “a súa forma clara de ver as cousas e de baixar a pé de rúa”.

O candidato dá o salto á política activa nun ambiente que cualifica como de “ilusión e renovación ao redor dun novo proxecto do PP en Coles, recuperando o sentimento de pertenza ao partido”, mesmo facendo novos afiliados e coa implicación de xente moza.

Entre os seus obxectivos clave, Fernando Sotelo cita como punto de partida “mellorar a calidade de vida da veciñanza”. Ademais, e dada a condición de Coles como municipio limítrofe coa capital, aposta firmemente por potenciar a vivenda: “Temos que atraer á xente, darlles facilidades para que se decidan a residir aquí”. Esta fixación de poboación, asegura, “traerá un conxunto de servizos que mellorará a calidade de vida no concello”.

Para alcanzar a alcaldía e desenvolver o seu programa, Sotelo quere contar cun  equipo que mesture experiencia e renovación, “persoas con novas ideas, pero tamén que leven a súa traxectoria no partido”, indica. O seu obxectivo é conxugar a quen achega con “outra visión do que hai”, con aqueles que levan tempo vinculados ao PP de Coles.

“Fernando desprende ilusión e ganas de facer un Coles mellor”, asegurou pola súa banda o presidente provincial, Luis Menor, quen agradeceu o paso que dá o empresario local para poñerse á fronte dun novo proxecto popular neste municipio.

Coles necesita un impulso “con xente nova e novas ideas que sitúen a este municipio onde realmente merece estar”, subliña Luis Menor lembrando que con máis de 3.200 habitantes trátase do concello que segue a lista por número de habitantes no posto número trece da provincia, “inmediatamente despois da Rúa e só por detrás dos municipios con maior poboación da provincia”.

O presidente provincial recalca a condición de Coles como “concello popular”, como así o demostra o máis do 46 % de apoio que rexistrou o PP neste municipio nas eleccións autonómicas de 2024. Agora, asegura, confía na capacidade deste proxecto “para liderar un cambio en positivo”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.