Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Piñor presenta unha moción para a mellora de catro camiños de titularidade municipal

Imprimir ppou - 28-Outubro-2014 - 14:13:28 

  • Os camiños que precisan unha mellora máis urxente en Piñor son os que unen Carballeda coa Eirexe de Torcela; o que vai de A Corna a Coiras; o de Senra a Betar, e o camiño de acceso ao lugar de Sextos. Camiños que incluímos na moción presentada no día de hoxe para debater no vindeiro pleno municipal", explica o voceiro popular, José Luis Rodríguez González

Piñor, 28 de outubro de 2014.- O grupo municipal do PP de Piñor presentou hoxe unha moción para a mellora de catro camiños de titularidade municipal con cargo ao convenio asinado entre a Consellería de Medio Rural e a Deputación de Ourense. Piñor será beneficiaria de un total de 64.851 € para mellorar a rede viaria municipal; conxuntamente co Plan Provincial de Obras da Deputación de Ourense, con unha inversión de 49.998€, suporán un total de 114.849 €.

O portavoz do PP de Piñor, e candidato a alcaldía polo partido popular nos comicios do vindeiro ano 2015, José Luis Rodríguez González, considera estes investimentos "prioritarios para fixar poboación no rural".

"O obxectivo principal é mellorar as condicións de vida dos residentes no noso concello, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados polos noso veciños", sinala o voceiro popular.

"Os camiños que precisan unha mellora máis urxente en Piñor son os que unen Carballeda coa Eirexe de Torcela; o que vai de A Corna a Coiras; o de Senra a Betar, e o camiño de acceso ao lugar de Sextos. Camiños que incluímos na moción presentada no día de hoxe para debater no vindeiro pleno municipal", explica José Luis Rodríguez González. Recalca tamén que a mellora da estrada de Cotelas a As Lagoas e da Portela de Arriba xa están aprobadas, ámbalas dúas incluídas no Plan Provincial de Obras da Deputación de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: