Agenda

2009  -  2010  -  2011

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

Junio 2010

Fecha  11-06-2010 ||  21:30

NÚÑEZ FEIJÓO PRESENTA A ROSENDO FERNÁNDEZ COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE OURENSE

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentará ás 21.30 horas, no restaurante San Miguel de Ourense, a Rosendo Fernández como candidato á Alcaldía de Ourense nas Eleccións Municipais de 2011.

O acto contará coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, e máis de 250 cargos orgánicos e electos do Partido Popular, militantes e simpatizantes. Será a presentación pública en Ourense de Rosendo Fernández como cabeza de cartel para as Municipais de 2011, logo do acto celebrado días pasados en Santiago no que Núñez Feijóo presentou aos sete candidatos Populares ás alcaldías das principais cidades de Galicia.

Fecha  14-06-2010 ||  20:30

REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA PROVINCIAL DO PP DE OURENSE COA PRESENZA DE JAVIER GUERRA

Hoxe luns, 14 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar na sede provincial do Partido Popular de Ourense, a reunión da Xunta Directiva Provincial, presidida polo presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar. A xuntanza contará coa presenza do conselleiro de Industria, Javier Guerra.

Fecha  16-06-2010 ||  18:30

Conferencia-coloquio do médico Miguel Abad.

Conferencia-coloquio do médico Miguel Abad, na AAVV “O Barrio” de San Francisco, sobre “A saúde na muller”, organizada pola Secretaría de Area de Igualdade do PP de Ourense, coordinada por María Antonia Rilo.

Fecha  16-06-2010 ||  20:00

Conferencia-coloquio sobre ”Os maiores e o mundo”

A Secretaría de Área de Dependencia do PP de Ourense organiza no Ateneo un acto para abordar os avances no benestar social, cunha conferencia-coloquio sobre ”Os maiores e o mundo”, impartida por Jesús de Juana, quen será presentado por Rosendo Fernández, secretario provincial do PP de Ourense.

Fecha  16-06-2010 ||  20:30

Rosendo Fernández, visita a sede da Federación de Asociacións de Veciños “Limiar”

O secretario provincial do PP e candidato á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, visita a sede da Federación de Asociacións de Veciños “Limiar” para coñecer as propostas e necesidades do movemento veciñal en Ourense.

Fecha  16-06-2010 ||  20:30

Presentación do candidato do Partido Popular á Alcaldía de Os Blancos.

Presentación do candidato do Partido Popular á Alcaldía de Os Blancos. O acto contará coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar. Lugar: Multiusos de Os Blancos.

Fecha  18-06-2010 ||  18:00

PRESENTACIÓN EN XINZO DO CENTRO DE FORMACIÓN E ESTRATEXIA DO PP DE OURENSE “ROBERTO PADILLA”

Hoxe venres, 18 de xuño, ás 18.00 horas, terá lugar na sede do Partido Popular de Xinzo de Limia, a presentación do Centro Popular de Formación e Estratexia do PP de Ourense. Este centro, que leva o nome de “Roberto Padilla”, destacado militante do Partido Popular de Ourense recentemente falecido, ten como obxectivo a realización de actividades formativas de ámbito político e social dirixidas aos cargos do PP na provincia.
O acto inaugural contará coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e de cargos políticos Populares de toda a provincia, e consistirá na presentación do centro e na entrega á viúva de Roberto Padilla dunha placa de homenaxe pola labor que este destacado militante desenvolveu ao longo da súa vida.
Lugar: Sede do PP de Xinzo de Limia.

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

No hay eventos para este mes

Suscíbete:
Redes Sociales: