Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU presenta aos seus candidatos para as Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de A Limia

Imprimir ppou - 18-Outubro-2014 - 13:12:55 


  • A Casa da Cultura de Xinzo acolleu dita presentación, a terceira que fan os populares ourensáns e que terá continuación coas das restantes xuntas electorais nas vindeiras semanas

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou que "a 218 días das Eleccións Municipais do 24 de maio, somos a única forza política que está preparada para gobernar dende o minuto 1"

Xinzo de Limia, 18 de outubro de 2014.- A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu esta mañá a presentación de candidatos do PPOU ás Eleccións Municipais correspondentes á Xunta Local de zona de Ourense - A Limia.

A benvida correu a cargo do presidente do PP local e alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez. A continuación sucedéronse as intervencións do secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, e da membro do Comité Executivo do PPdeG, Rosa Quintana Carballo. Pechou o acto o presidente provincial, Manuel Baltar, quen se referiu aos candidatos populares como "un equipo que sabe o que é gañar por goleada partido tras partido", sinalando tamén que "a 218 días das Eleccións Municipais do 24 de maio, somos a única forza política preparada para gobernar dende o minuto 1".

Os candidatos presentados son os seguintes:

-Baltar: José Antonio Feijóo Alonso (63 anos). Empresario de profesión, foi concelleiro en Xinzo de Limia e alcalde desta vila entre 2001 e 2003. É alcalde de Baltar e deputado provincial dende 2007.

-Os Blancos: José Manuel Castro Blanco (45 anos). Empresario e alcalde do municipio dende 2011.

-Porqueira: Susana Vázquez Dorado (41 anos). Con estudos en Ciencias Empresariais, é alcaldesa dende 2003. Tamén é presidenta local do PP de Porqueira, así como membro dos comités executivos do PP de Ourense e de Galicia.

-Rairiz de Veiga: Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio (46 anos). Axente facultativo de Medio ambiente, é concelleiro en Rairiz de Veiga dende 1995. Foi elixido alcalde en 1999.

-Sandiás: María Concepción Méndez Gándara (67 anos). Diplomada en Maxisterio, é mestra xubilada. É alcaldesa de Sandiás dende 1979 e foi deputada provincial entre 2004 e 2006.

-Sarreaus: Gumersindo Lamas Alvar (49 anos). Empresario e alcalde do municipio dende 1991.

-Vilar de Barrio: Julio Pérez Carballo (81 anos). Axente de banca, empresario e músico. É alcalde de Vilar de Barrio dende 1983, así como deputado provincial dende 2007. É presidente do PP local.

-Vilar de Santos: Alberto Fernández Dacal (34 anos). Funcionario de profesión, é a súa primeira incursión en política.

-Xinzo de Limia: Antonio Pérez Rodríguez (45 anos). Diplomado en Maxisterio e en Ciencias Empresariais, de profesión asesor fiscal. É concelleiro dende 2007 e alcalde dende 2011. Deputado provincial dende 2007 e presidente local do PP de Xinzo de Limia.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: