Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU presenta aos seus candidatos para as Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Ribadavia

Imprimir ppou - 11-Outubro-2014 - 13:03:57 


  • O Centro Comarcal de O Ribeiro acolleu dita presentación, a segunda que fan os populares ourensáns e que terá continuación coas das restantes xuntas electorais nas vindeiras semanas

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou que "quedan 225 días para o 24 de maio de 2015 e o PPOU está en actividade permanente"

Ribadavia, 11 de outubro de 2014.- O Centro Comarcal de O Ribeiro acolleu esta mañá a presentación de candidatos do PPOU ás Eleccións Municipais correspondentes á Xunta Local de zona de Ribadavia.

A benvida correu a cargo do presidente do PP local e voceiro municipal en Ribadavia, César Fernández Gil. A continuación sucedéronse as intervencións do secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, e do membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad. Pechou o acto o presidente provincial, Manuel Baltar, quen se referiu aos candidatos populares como "uns alcaldes e portavoces municipais que saben o qué ter o respaldo maioritario dos veciños e veciñas", sinalando tamén que "quedan 225 días para o 24 de maio de 2015 e o PPOU está en actividade permanente".


Os candidatos presentados son os seguintes:


-A Arnoia: José Camilo Fariñas Viso (63 anos). De profesión empresario, é alcalde do municipio dende 2009 e concelleiro dende 1999.

-Avión: Antonio Montero Fernández (49 anos). Empregado de banca, é concelleiro dende 2003 e alcalde dende o ano 2005.

-Beade: Senén Pousa Soto (75 anos). Xubilado, é alcalde deste municipio dende 1974.

-Carballeda de Avia: Lorenzo González Rodríguez (30 anos). Empresario de profesión, é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, diplomado en Empresariais, M.B.A. Dirección e Administración de Empresas. É concelleiro dende 2007.

-Castrelo de Miño: Avelino Pazos Pérez (43 anos). Funcionario de profesión, actualmente atópase cursando o Grao de Ciencias Políticas e da Administración. É concelleiro dende 2011.

-Cenlle: Gabriel Alén Castro (37 anos). Profesor, diplomado en Maxisterio de Educación Física. É concelleiro dende o ano 2007 e alcalde dende 2011.

-Leiro: Francisco José Fernández Pérez (55 anos). Titular de oficina de Farmacia, é licenciado en Farmacia. Concelleiro desde 1991, é alcalde dende 1995. Foi deputado provincial entre 1999-2003 e entre 2009-2011. Foi elixido senador por Ourense na X Lexislatura (dende novembro de 2011). É presidente da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria de Concellos do Ribeiro dende 2009 e presidente tamén do GDR-9 da Zona Carballiño-Ribeiro dende 2009.

-Entidade Menor de Berán: José Aquilino Álvarez Pérez (60 anos). Policía portuario de profesión, é a súa primeira incursión en política.

-Melón: María Cristina Francisco Vílchez (48 anos). Empregada de profesión, é alcaldesa do Concello de Melón dende o ano 2011.

-Ribadavia: César Manuel Fernández Gil (34 anos). Licenciado en Filosofía, Diploma de Estudos Avanzados en Filosofía e Grao en Dereito. Actualmente é asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, concelleiro e voceiro en Ribadavia dende 2011 e presidente local do PP dende 2012.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: