Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense é o primeiro de España en constituir o seu Comité de Campaña para as vindeiras Eleccións Municipais de 2015

Imprimir ppou - 15-Septembro-2014 - 22:32:16 


  • O presidente do PPOU, Manuel Baltar, ratificou hoxe este equipo de traballo durante o Comité Executivo dos populares ourensáns e sinalou que "dende o día despois ás Elección Europeas, o PP de Ourense está a traballar coa meta fixada no 24 de maio de 2015"

Ourense, 15 de setembro de 2014.- O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde unha reunión do seu Comité Executivo. Neste encontro aprobouse a composición do Comité de Campaña Provincial para as Eleccións Municipais de 2015, ratificando este acordo o presidente provincial, Manuel Baltar, que presidiu a reunión do Comité Executivo do PPOU.

Deste xeito, o Partido Popular de Ourense convírtese na primeira formación política de España en constituir formalmente o seu Comité de Campaña para os vindeiros comicios, un equipo encargado de deseñar as estratexias electorais de cara ao vindeiro 24 de maio, data na que os electores elixirán aos membros das Corporacións Locais. Manuel Baltar lembrou que "a maquinaria do PPOU é imparable e xa dende que se pecharon as urnas o pasado 25 de maio, data das Eleccións Europeas, o PP de Ourense está a traballar coa meta fixada no 24 de maio de 2015".

Os integrantes do Comité de Campaña Provincial para as Eleccións Municipais son os seguintes:

Coordinador de Campaña: Jorge Pumar Tesouro

Xerente de Campaña: Luís Manuel Vergara Gómez

Responsable Campaña Dirixentes: Celso Delgado Arce

Responsable Interventores e Apoderados: Marifé Dacoba Pérez

Responsable Mailing: Mónica Mourelo Pérez

Responsable Plan de Medios e Publicidade Exterior: Luis Manuel Vergara Gómez

Responsable de Prensa: Lorena Crespo Martín

Responsable Actos Públicos: Pablo Pérez Pérez

Responsable Actos Sectoriais: Miguel Ángel Santalices Vieira

Responsable Asesoría Xurídica: Mª Carmen Carballo Fernández

Responsable Voto por Correo: Ana Belén Vázquez Blanco

Responsable Voto Españois Residentes no Extranxeiro e Extranxeiros Residentes en España: Antonio Rodríguez Miranda

Responsable Novas Xeracións: Jackeline E. Fernández Macías

Responsable Formación (Interventores e Apoderados): César Blanco Gómez

Responsables de Movilización Electoral: Carmen Leyte Coello e Argimiro Marnotes Rodríguez

Responsables de Novas Tecnoloxías e Redes Sociais: Patricia Domínguez Barja e Lorena Crespo Martín

Responsable de Argumentarios: Cristina Romero Fernández

Responsable de Coordinación Programas Electorais: César Manuel Fernández Gil

Responsable de Ourense Cidade: Rosendo Luis Fernández Fernández


Na mesma sesión do Comité Executivo desta tarde, tamén se aprobou -e ratificou o presidente provincial esta aprobación- a composición do Comité Electoral, un mecanismo orgánico para velar polos nomeamentos dos candidatos que concurrirán nas vindeiras Eleccións Municipais.


Actividade formativa

Por último, o Comité Executivo tamén contou cunha intervención a cargo de Santiago Martínez Suárez, consultor político e media trainer. A charla deste profesor de oratoria profesional e xurídica é unha das actividades que organiza a Escola de Formación "Roberto Padilla" do Partido Popular de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: