Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 San Cristovo de Cea, San Xoán de Río e O Bolo elixiron presidentes locais do PP nunha xornada con tres congresos

Imprimir ppou - 08-Marzo-2014 - 19:31:52 


  • José Luis Valladares, Gerardo Rodríguez e Manuel Corzo Macías, candidatos únicos en San Cristovo de Cea, San Xoán de Río e O Bolo, respectivamente, foron elixidos co 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes nas votacións

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, clausurou os tres congresos locais manifestando "a importancia dos equipos, da xente e das ideas que conforman a forza política máis importante da provincia: o PP de Ourense"

Congreso Local PP San Cristovo de CeaCongreso Local PP San Xoán de RíoCongreso Local PP O BoloOurense, 08 de marzo de 2014.- A actividade orgánica de renovación de xuntas locais intensifícase no Partido Popular de Ourense. Hoxe foron tres os congresos locais celebrados coa participación da militancia en San Cristovo de Cea, San Xoán de Río e O Bolo, onde Jose Luis Valladares, Gerardo Rodríguez e Manuel Corzo Macías, respectivamente, foron elixidos por unanimidade dos compromisarios participantes. Os tres encabezaban as candidaturas únicas que concurrían a estes procesos.

En San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, agradeceu o apoio recibido e articulou o seu discurso en torno á necesidade de reforzar as políticas para fomentar o emprendimento, a creación de emprego e ao benestar social, sen esquecer ás potencialidades do municipio en materia de Medio Ambiente, Cultura e actividades agrícolas. "O mellor xeito de garantizar as políticas sociais é a través da creación de postos de traballo, por iso queremos centrar os nosos esforzos no polígono industrial e no fomento do emprendimento".

Pola súa banda, o presidente local electo en San Xoán de Río, Gerardo Rodríguez, tamén agradeceu o apoio unánime recibido e lembrou a difícil situación herdada no Concello trala nefasta xestión do bipartito. "Dende que alcanzamos a Alcaldía, o noso obxectivo foi facer equipo e un programa de goberno realizable. No PP de San Xoán de Río temos tres máximas: honestidade, transparencia e cercanía na xestión. E estas son e seguirán sendo as nosas pautas irrenunciables".

No tocante a Manuel Corzo Macías, elixido presidente local do PP en O Bolo, tralos agradecementos polo apoio manifestado, quixo poñer en valor o equipo que o acompañará ao frente da Xunta Local, "xente moi competente e preparada para seguir traballando na mellora da calidade de vida dos nosos veciños, sobre todo para os que máis o necesitan, e para que o PP siga sendo a forza maioritaria no municipio".

O presidente provincial, Manuel Baltar, foi o encargado de pechar os tres congresos locais (no de San Cristovo de Cea participou tamén o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández), manifestando "a importancia dos equipos, da xente e das ideas que conforman a forza política máis importante da provincia: o PP de Ourense". Ademáis, deixou claro que "estamos nun tempo no que temos que reivindicar a política en maiúsculas, exercéndoa con honestidade, transparencia, cooperación e altura de miras".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: