Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU conmemora o Día Internacional da Muller

Imprimir ppou - 08-Marzo-2014 - 15:08:31 

Ourense, 08 de marzo de 2014.- A escultura da Leiteira, na rúa do Paseo, acolleu o acto conmemorativo organizado pola Comisión de Igualdade do PPOU con motivo do Día Internacional da Muller, que este ano se adica ao emprendimento. Procedeuse á lectura de textos de diversas escritoras, así como do manifesto do PP de Galicia, que aquí reproducimos:

 O Partido Popular de Galicia quere aproveitar a simboloxía do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para reiterar o seu firme compromiso coa igualdade de condicións entre homes e mulleres en tódolos ámbitos da vida diaria. Un compromiso que non se reduce a determinadas datas sinaladas, senón que está latente os 365 días do ano.

  O xénero dunha persoa non debe ser, baixo ningún concepto, un motivo de discriminación e, neste senso, consideramos que non hai peor desigualdade que a que vén determinada pola natureza.

  Ao longo da historia, a muller foi abrindo camiños e acumulando conquistas para vencer a lacra da discriminación sexual a nivel social e laboral, pero aínda quedan moitas batallas por librar para acadar unha igualdade real.

  En pleno século XXI aínda persisten no tempo certos prexuízos que non fan senón impedir o avance cara unha sociedade igualitaria e xusta, na que por encima do xénero dunha persoa estea o esforzo, o talento e o traballo persoal sen prexuízo do xénero.

  Ademais, a día de hoxe seguen existindo obstáculos para que se poida conciliar unha vida profesional plena coa vida familiar, e isto é algo que afecta especialmente ás mulleres, que por outra banda sofren máis que ninguén as consecuencias do desemprego. Así mesmo, a igualdade salarial entre homes e mulleres aínda é un obxectivo a conseguir. O traballo das mulleres debe ser igual de valorado, en tódolos aspectos, que o que desempeña un home. A traballos iguais, salarios iguais.

  Desde o Partido Popular de Galicia, queremos afianzar o noso compromiso para loitar contra todo aquilo que se interpoña na consecución da igualdade de oportunidades e de condicións entre homes e mulleres. Queremos contribuír a unha sociedade máis tolerante, máis democrática e na que homes e mulleres compartan responsabilidades por igual.

  Somos un partido onde as mulleres teñen un peso importante e no que o seu papel sempre foi tratado con todo respecto e admiración, por iso facemos propostas que beneficien e recoñezan  a figura da muller.

  Non imos a saír desa liña posto que estamos convencidos de que unha sociedade non logrará progresar nunca mentres unha soa muller sufra calquera tipo de discriminación polo seu xénero.







(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: