Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Novas Xeracións inicia a campaña #AXÚDANOSAREPARTIRSORRISOS!!

Imprimir ppou - 30-Novembro-2013 - 11:59:24 

  • A sede do Partido Popular de Ourense recibirá durante todo o mes de decembro alimentos e sobre todo xoguetes para que a ningún neno lle falte un agasallo no Nadal

Ourense, 30 de novembro de 2013.- Novas Xeracións Ourense Cidade e o Partido Popular de Ourense non esquecen as necesidades que sempre houbo pero que hoxe en día son máis acuciantes, e máis se cabe nunhas datas tan sinaladas como as do Nadal, nas que sempre se fan máis visibles.

Por este motivo da comezo a campaña:
#AXUDANOSAREPARTIRSORRISOS!!

Unha campaña pensada para os que máis o necesitan e, sobre todo, para os máis pequenos da casa. Trátase dunha campaña para activar a solidariedade e a axuda de todos para que a ningún neno de Ourense lle falte un agasallo o día de Nadal, un xoguete co que poderlle poñer un sorriso a todos os nenos e nenas cuxas familias están pasando por dificultades económicas.

Dende Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense aseguran que non se podían esquecer estas datas, e moito menos dos nenos, que sempre son os que cun sorriso cambian moitas veces as nosas vidas.

"Con pequenas cousas como podes ser un boneco, faremos que estes pequenos teñan de novo a ilusión", sinala Jose Estévez, responsable de NNXX na cidade, "temos a obriga de axudar a quen o está necesitando".

"Por este motivo, nestes 25 días que faltan para o día de Nadal, recolleremos a máxima cantidade de xoguetes e alimentos que poidamos, aquí en Ourense estará a sede do Partido Popular de Ourense (Progreso 64-entrechán) a disposición de todos aqueles que queiran colaborar con nós", conclúe Estévez.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: