Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU inicia a súa rolda de contactos para analizar o PXOM coa Confederación de Empresarios de Ourense

Imprimir ppou - 28-Novembro-2013 - 19:30:13 

  • O portavoz municipal, Rosendo Fernández, así como a concelleira Mónica Mourelo e o asesor do Grupo Municipal, Jorge Pumar, mantiveron esta mañá un encontro na sede da CEO para analizar os contidos do PXOM no seu primeiro día de exposición pública

  • Estes contactos desenvolveranse con outros sectores da cidade. Mañá, os populares se reunirá coa Asociación de Constructores ás 19 horas

Ourense, 28 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense inicou hoxe unha rolda de contactos sectoriais para analizar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que está exposto dende hoxe para toda a cidadanía. Por parte do PPOU, acudiron o portavoz municipal, Rosendo Fernández; a concelleira Mónica Mourelo e o asesor do grupo municipal, Jorge Pumar. Por parte da Confederación de Empresarios estiveron os vicepresidentes José Manuel Díaz Barreiros, José Luis Cid González; a secretaria xeral, María de Miguel, e o coordinador técnico, Jaime Pereira. Tamén acudiron membros da CEO representantes de diferentes sectores como José Ramón Pérez Nieto (presidente de ACAUTO, sector do automóvil); Manuel Álvarez Gil (presidente de ATAVI, sector de talleres de reparación); José Manuel García Mosquera e Pilar Rodríguez Álvarez (presidentes da asociación de Libreiros e da federación galega do sector, respectivamente), así como Benito Iglesias, representante do sector inmobiliario, e representantes da asociación provincial de graniteiros de Ourense, entre outros.

O encontro, que resultou moi satisfactorio, se saldou con conclusións de gran relevancia. De feito, Mónica Mourelo fixo constar que na memoria de ordenación do PXOM, das súas 311 páxinas, só hai dúas adicadas a solo industrial de forma específica. Do mesmo xeito, na reunión se puxo de manifesto que non é normal que a terceira cidade de Galicia teña menos solo industrial que outros municipios limítrofes. Neste senso, os membros da Confederación de Empresarios sinalaron que pouco sentido ten que se xenere un Plan de Emprego Municipal se non se dota de solo industrial para que este plan se poida desenrolar de xeito óptimo.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: