Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A concelleira Áurea Soto trata de impedir ao PPOU que faga preguntas na Xunta de Área de Servizos Xerais en Ourense

Imprimir ppou - 28-Novembro-2013 - 12:45:28 

  • A nova responsable de Servizos Xerais -trala marcha do seu antecesor José Carlos Martínez Pedrayo- quixo limitar o número de preguntas formuladas pola edil popular Marinel Fernández e ameazouna con limitarlle o número de preguntas en próximas reunións

  • O PPOU lembra que o reglamento orgánico de funcionamento do Concello non estipula límites para as preguntas a formular

  • Os populares sinalan que a señora Soto, agora tamén en Servizos Xerais, trata de obstaculizar ao máximo o acceso á información aos concelleiros da oposición e lémbranlle que "somos os representantes da maioría da cidadanía ourensá, por moito que lle moleste á señora concelleira"

Ourense, 28 de novembro de 2013.- Na xunta de área de Servizos Xerais desta mañá, volveuse a escenificar o talante censor e oscurantista da concelleira Áurea Soto, agora responsable tamén desta área trala marcha no seu antecesor, José Carlos Martínez Pedrayo.

Pouco amiga da transparencia na súa xestión, e moito menos de dar debida conta da información que lle solicita a oposición -como ten demostrado de sobra dende a súa responsabilidade á fronte de Urbanismo-, a señora Áurea Soto hoxe quixo limitar o número de preguntas que lle formulaba a edil popular Marinel Fernández, quen levaba un listado de unhas 16 cuestións relativas aos diferentes servizos e departamentos que xestiona a Concellería de Servizos Xerais (bombeiros, Persoal, contratacións, etcétera). Ademáis de dirixirse a Marinel Fernández en tono "burlesco" dicíndolle que "levaba demasiadas preguntas", chegou incluso a ameazala con "limitarlle o número de cuestións que se formulen en vindeiras xuntas de área". Esto supón, para os populares, un ataque en toda regra á súa libertade de expresión e sobre todo ao exercicio da súa función de oposición municipal, baseada en fiscalizar a acción do goberno e en transmitir as demandas e reivindicacións veciñais, como representantes maioritarios que son dos cidadáns de Ourense. "E se hai moitas preguntas, é precisamente porque hai demasiadas deficiencias na xestión municipal", aclara Marinel Fernández. Ademáis, lembran dende o PPOU que os concelleiros poden formular en xuntas de área as preguntas que así o estimen oportuna, tendo en conta que son reunións informativas e que no reglamento orgánico de funcionamento do Concello non se limita este aspecto. Destacan tamén os populares que nunca antes existira un conflicto semellante na devandita xunta de área, cando era presidida por outra persoa que xa non forma parte da Corporación Municipal, co cal é evidente que onde está a señora Soto, sempre hai problemas.

Por último, os populares amosan outro máis dos exercicios da señora Soto no tocante a obstaculizar o acceso á información, cando se lle solicitou resposta acerca dos supostos expedientes de multas que están sendo investigados polo xulgado e dos que dixo non ter coñecemento algún, a pesares de que este asunto xa foi publicado nos medios de comunicación.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: