Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O interventor municipal dille ao goberno socialista de O Barco que é incapaz de contabilizar e controlar os gastos das obras que executa o propio Concello

Imprimir ppou - 18-Novembro-2013 - 22:02:47 

  • Desde o departamento de Intervención volven a reiterar que “polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados”
  • Moisés Blanco, afirmou que “estamos ante un exemplo máis deste goberno, no que volven a demostrar a absoluta falta de control e de rigor na xestión e no gasto dos cartos de todos os veciños e veciñas do Barco
  • Lamentan os populares que “desde que empezou a crise, no Barco reduciuse a inversión pero aumentou desproporcionadamente a presión fiscal e o gasto corrente, e aínda por riba non son nin capaces de contabilizalo”
O Barco de Valdeorras.- 18 de novembro de 2013. O portavoz do Partido Popular de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, afirmou que “é un feito grave que o Goberno Socialista do Concello de O Barco non sexa capaz de contabilizar e controlar os gastos orixinados na execución das obras municipais”.
O Portavoz Popular, considera aínda máis grave que “este feito se volva a repetir, sen que desde o goberno local se tomen medidas para solucionalo, o que o converte nunha irresponsabilidade manifesta”.
Para elo, Blanco Paradelo, baséase no informe técnico emitido polo Departamento de Intervención a propósito da aprobación da Conta Xeral do ano 2012, que na súa páxina 7 di:   
-“polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, dado que non se tramitaron correctamente expedientes de obra a executar pola Administración, circunstancia que provocou que, en ausencia dun proxecto de obra desta natureza (desagregación de gastos, medios persoais asignados á execución, medios materiais a adquirir…) e a inexistencia de certificacións  de obra e de actas de recepción, non fora posible por este Departamento proceder ao tratamento individualizado de facturas e de nóminas, á súa correcta contabilización, nin tampouco a dar de alta o correspondente proxecto de gasto, todo elo en aras da cuantificación final do investimento[….].
O portavoz dos populares barquenses considera que esta forma de proceder “é un exemplo máis do goberno municipal do PSOE no que volve a demostrar a absoluta falta de control e de rigor na xestión e no gasto dos cartos de todos os veciños e veciñas do Barco”.  
Engade Moisés Blanco, que “as críticas que a este respecto ven facendo o grupo popular, desde hai moito tempo, son confirmadas e avaladas unha e outra vez polas decenas de informes desfavorables que ano a ano emiten os técnicos do Concello, que no 2012 foron un total de 132 reparos”.
Desde o Grupo Popular entenden que “os técnicos municipais fan correctamente o seu traballo, advertindo continuamente dos incumprimentos e ilegalidades, pero pouco se pode facer se o alcalde segue sen rectificar ”.
Lamentan os populares que “desde que empezou a crise, no Barco reduciuse a inversión pero aumentou a presión fiscal, o gasto corrente e aínda por riba non son nin capaces de contabilizalo”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: