Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU pide que o goberno municipal de Ourense resolva diversas dúbidas sobre o convenio dos comedores escolares

Imprimir ppou - 14-Novembro-2013 - 14:16:10 

  • Os populares rexistraron hoxe un escrito solicitando as respostas que a concelleira de Educación aínda non tivo a ben respostar

Ourense, 14 de novembro de 2013.- Máis de unha semana despois da última reunión coa concelleira de Educación para abordar a situación do convenio de comedores escolares, aínda hai demasiadas dúbidas con respecto a este documento, tal e como sinala a viceportavoz do Grupo Municipal do PPOU, Belén Iglesias.
De feito, naquela reunión, a concelleira Ana Garrido admitira que o borrador do convenio presentaba certas irregularidades que se debían subsanar. "Pero a día de hoxe, non sabemos nada novo sobre a situación definitiva do novo convenio, motivo polo cal nos vimos na obriga de presentar un escrito con preguntas e dúbidas que precisan dunha resposta por parte da responsable municipal de Educación", sinala Belén Iglesias. Estas preguntas, ademáis, xa foran formuladas pola edil popular na devandita reunión, sen que recibira resposta algunha.

As preguntas rexistradas hoxe son as seguintes:

1.- Quen é o titular dos comedores municipais, a Federación ou as Anpas?

2.- Aquelas Anpas que forman parte da Federación e queiran xestionar o seu comedor como viñan facendo ata o de agora, contarán coa mesma axuda municipal?

3.- Están subsanadas as deficiencias detectadas pola Intervención Municipal?

4.- Cando pretenden asinar este convenio?

Por último, Belén Iglesias sinala que "é moi necesario legalizar a situación actual na que nos atopamos, xa que a día de hoxe non hai nada regulado sobre a relación entre Anpas, Federación, pais e empresas que prestan o servizo. A señora concelleira de Educación debería adicarse a xestionar dunha vez e deixarse de andar mirando cara outros lados, pois parece que esquece demasiado a súa responsabilidade neste Concello".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: