Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU lamenta o exercicio de cinismo político amosado onte polo Goberno Municipal de Ourense na “visita guiada” á Molinera

Imprimir ppou - 29-Outubro-2013 - 12:45:57 

  • Os populares sinalan que a comparecencia de onte foi unha provocación propia dun goberno desnortado, descoñecedor da realidade que o rodea e das consecuencias da súa falta de xestión, cunha constante pérdida de papeis no día a día
  • Cunha comisión de investigación en marcha por irregularidades detectadas polo Partido Popular nas xustificación, e coa obra parada dende hai un ano, cun custe de 14.000 € mensuais só na vixiancia do recinto, o alcalde é incapaz de avanzar unha data para a súa apertura

Ourense, 29 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense considera unha provocación a comparecencia que onte protagonizaron o alcalde de Ourense e a concelleira de Urbanismo nas obras da Molinera ante un grupo de estudiantes de Arquitectura. Esta provocación, din os populares, "só pode ser propia dun goberno municipal desnortado, descoñecedor da realidade que o rodea e das consecuencias da súa falta de xestión, cunha constante e lamentable pérdida de papeis no día a día".

Lembra o Grupo Municipal do PPOU que existe unha comisión de investigación en marcha para estudiar as irregularidades detectadas polos populares nas xustificacións económicas da obra, paralizada hai un ano. "E o alcalde ten a desfachatez de anunciar que non sabe cando se poderá finalizar, pese a que esta situación está supoñendo un custe mensual de 14.000 € só para a vixiancia privada no recinto". Segundo os cálculos do grupo maioritario da Corporación, gastáronse máis de 100.000 € só na vixiancia privada no que vai de ano, o 31% do que suporía finalizar a obra (320.000 €).

Para abundar nos despropósitos do Goberno municipal con respecto á Molinera, os populares sinalan que a día de hoxe aínda non están aprobadas as bases para adxudicar o servizo. "O cal nos fai sospeitar que nin siquera serán capaces de por o edificio en funcionamento, debido á parálise administrativa na que os membros do goberno municipal sumiron ao Concello, como está sucedendo coa Casa da Mocidade".

No tocante á visita guiada aos estudiantes de Arquitectura, os populares se preguntan se, aparte de ensinarlles os muros dun edificio inacabado, ou a vixiancia privada do mesmo, tamén lles ensinaron o material informático, almacenado dende hai tres anos sen chegar a poñelo en uso, e que costara ás arcas municipais 539.839 euros. Un material que, dada a obsolescencia deste tipo de enseres informáticos, de ningún xeito poderá ser punteiro no que a equipamento se refire, como quixeron facer ver o señor alcalde e a propia concelleira de Urbanismo.

Por último, chámalle poderosamente a atención ao Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense a repentina e lamentable defensa que dende o goberno municipal se fai deste proxecto, "cando nin eles foron os artífices nin os impulsores, xa que todo partira do BNG cando era parte interesada do ex Bipartito" e, sobre todo, cando o grupo nacionalista non amosou polo de agora ningún tipo de interese na evolución do mesmo.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: