Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU destaca o impulso investidor para a provincia que os orzamentos da Xunta de Galicia fixan para 2014

Imprimir ppou - 19-Outubro-2013 - 12:47:49 

  • A provincia de Ourense ten consignados 212.043.825 euros, 14 millóns máis que no pasado exercicio e convertíndose así na segunda provincia galega con maior inversión por habitante (704€/hab)
  • Actuacións no Medio Rural (41,5 millóns de euros da Consellería, así como 10,6 millóns de euros do Fondo de Garantía Agraria, entre outras), da Axencia Galega de Infraestruturas (33 millóns de euros) e do Sergas (33,8 millóns de euros) son das máis representativas

Ourense, 19 de outubro de 2013.- O Partido Popular de Ourense, tralo análise dos Orzamentos da Xunta de Galicia consignados para o vindeiros ano 2014 para a provincia, destaca que estos acadan un importante esforzo investidor, sendo unhas contas realistas e responsables, perfectamente axustadas á situación e que apostan claramente pola solvencia económica, co reforzo claro que precisa e demanda a provincia de Ourense.

Deste xeito, a provincia de Ourense percibirá o vindeiro ano actuacións do Executivo Galego por valor de 212.043.825 euros, o que supón 14 millóns de euros máis que no pasado exercicio. Convértese así na segunda provincia de Galicia no que respecta a investimento por habitante (704 euros), só superada por Lugo, con 728€/habitante. Pontevedra e A Coruña perciben 484 e 478 euros, respectivamente.

Dentro das consignacións orzamentarias provinciais, sobresaen as correspondentes á Consellería de Medio Rural (41,5 millóns de euros); do Fondo de Garantía Agraria (10,6 millóns de euros); da Axencia Galega de Infraestruturas (33 millóns de euros); da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (11,9 millóns de euros); ou da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (8 millóns de euros). Precisamente, dentro das actuacións da Axencia Galega de Infraestruturas, está previsto un impulso á construcción e urbanización de Vivenda Pública Protexida, cunha previsión de 2,35 millóns de euros en Vilamarín e 2,5 millóns de euros en Ourense, por exemplo, duplicando así a achega de 2013 neste eido.

Outras consellerías cun importante esforzo inversor son as de Economía e Industria (4,2 millóns de euros); Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (5 millóns de euros); ou Traballo e Benestar (1,05 millóns de euros).


Por comarcas
No tocante aos investimentos territorializados por comarcas, sobresaen a de O Carballiño (3,8 millóns de euros, dos que 3 proceden da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia); a de O Ribeiro (percibirá 1,2 millóns de euros da Axencia de Turismo de Galicia dun total de 2,1 consignados); e Verín, que con 13,2 millóns de euros é a comarca que máis achegas percibirá por tras da Comarca de Ourense. Na de Verín, destacan os 11,2 e 1,1 millóns de euros do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Axencia de Turismo de Galicia, respectivamente.

Xa na Comarca de Ourense, con 51,9 millóns de euros, destacan significativamente as partidas correspondentes ao Sergas (33,8 millóns de euros); o Instituto Galego da Vivenda e Solo (4,9 millóns de euros); a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (3,9 millóns de euros); Augas de Galicia (3,8 millóns de euros) ou as consellerías de Medio Rural (1,8 millóns de euros), Traballo e Benestar (1,3 millóns de euros) ou Presidencia (1,02 millóns de euros).

Trala revisión dos orzamentos consignados para a provincia, os menos restrictivos dende que comezou a crise económica, os populares ourensáns constatan que a solvencia destas contas xeran confianza na cidanía, o cal permite afondar na política de impulso fiscal, blindaxe do gasto social e o asentamento das bases do modelo de crecemento solidaria que precisa a provincia de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: