Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Traballo en equipo e atención cara os veciños, claves de futuro para o PP de Quintela de Leirado

Imprimir ppou - 05-Outubro-2013 - 18:03:19 

  • Pablo Pérez Pérez é, dende esta tarde, o novo presidente local dos populares deste municipio, despois de acadar o apoio unánime dos compromisarios que emitiron os seus votos no Congreso Local
  • O presidente provincial, Manuel Baltar, clausurou esta cita agradecendo a implicación e traballo da nova Xunta Local e animando a "facer da transparencia e do traballo diario a nosa máxima para dignificar o exercicio da política".

Quintela de Leirado, 05 de outubro de 2013.- Pablo Pérez Pérez, teniente de alcalde do Concello de Quintela de Leirado é, dende esta tarde, o novo presidente local do PP neste municipio, acadando a unamididade dos compromisarios participantes no Congreso Local que hoxe tivo lugar.
O recén elixido presidente local expuxo as liñas sobre as que basea o seu programa: "O traballo en equipo é a mellor receta para os retos en común, e esto é o que eu vos ofrezo. Como sabedes, temos dúas orellas e unha soa boca, para facernos ver que o máis importante é escoitar e non tanto falar. Pero eu añadiría, que tamén temos dous brazos, para facernos ver que é mais importante traballar ca falar". Tamén sinalou Pablo Pérez que "antes de tomar decisións sempre me gusta poñerme no lugar dos demáis. Pero despois de escoitar, tomarei decisións reflexionadas pero firmes, xa que para eso estamos os políticos".
No tocante á renovación dentro do PP de Quintela de Leirado (José Antonio Pérez Cortés, alcalde do municipio co 80% de apoio do electorado, elección tras elección, cedeu hoxe paso na responsabilidade ao frente da Xunta Local), o novo presidente local sinalou que: "A renovación dun partido non só é a renovación da xente, senon a actualización constante das súas ideas e plantexamentos. Faremos un equipo, no que trataremos de reunirnos varias veces ó ano para poñer en común pensamentos, ideas e puntos de vista diferentes sobre temas de actualidade, tratando sempre de sacar conclusións e propostas que despois eu farei chegar ao propio presidente provincial e aos diferentes órganos do partido, para que na medida do posible sexan tomadas en conta, para o mellor desenrolo do noso pobo".
Por último, antes de cederlle a palabra ao presidente provincial, encargado de pechar o Congreso Local, Pablo Pérez adicoulle unhas verbas a Manuel Baltar: "Presidente, en nome do Partido Popular de Quintela, da súa Xunta Local, dos seus afiliados e de todo o Concello, ofrézoche traballo, esforzo e fidelidade. Quintela de Leirado nunca che fallou, témolo demostrado e nunca che fallará".

Na súa intervención de clausura do Congreso Local, Manuel Baltar agradeceu a vontade de traballo e a ilusión coa que a nova Xunta Local de Quintela de Leirado inicia esta andadura, lembrando que "por moito que esta etapa esté considerada como a peor para o exercicio da política, eu estou convencido de que é un momento idóneo para adicarse a este nobre arte, porque hoxe a xente valora aos políticos que fan da transparencia do seu goberno a súa guía na vida pública. O PP de Ourense, xa deu mostras deso, sendo o primeiro partido en España en publicar os bens do seu Comité de Dirección e telos permanentemente colgados na sua web". Ademáis, Manuel Baltar fixo súas as palabras do recén elixido presidente local e sinaloulle a Pablo Pérez, para finalizar, que "tes ilusión, xuventude e capacidade de traballo. Pero o que é máis importante: tes un amor incondicional polo teu pobo e humildade para escoitar, atender e solucionar os problemas dos teus veciños, a clave para ser o mellor político, as características que avalan ao Partido Popular de Ourense".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: