Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU pide que o goberno municipal de Ourense garanta as condicións laborais que teñen todos os empregados da empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar

Imprimir ppou - 30-Xullo-2013 - 10:01:44 

  • Os populares tamén defenderán outra moción no pleno deste venres encamiñada a que o goberno municipal de forma inmediata inicie os trámites administrativos para a redacción dun novo Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ourense para que poda ser aprobado de forma consensuada por todos os grupos políticos

Ourense, 30 de xullo de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense defenderá tres mocións no vindeiro pleno municipal deste venres, correspondente ao mes de agosto. Á referida sobre o botellón xa anunciada e presentada o pasado 12 de xullo, súmanselle dúas máis.

Na primeira delas, referida ao Servizo de Axuda no Fogar, os populares solicitan que o goberno municipal garanta as condicións laborais que teñen a día de hoxe todos os empregados da empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar, e obrigue a esta empresa cumprir o prego de cláusulas administrativas garantindo os postos de traballo iniciais ata o remate do contrato.
Lembran os populares na súa exposición de motivos que O 22 de decembro de 2011, o Concello de Ourense adxudicou a xestión indirecta do servizo de Axuda no Fogar (SAF), de gran importancia social para os veciños da nosa cidade, ademáis de contar cunha elevada dotación orzamentaria municipal.
No prego de cláusulas administrativas particulares da xestión indirecta do SAF, estableceuse que a empresa adxudicataria quedaba obrigada á subrogación do persoal da anterior concesionaria do servizo nos termos establecidos no convenio colectivo do sector (DOG 31, 16 de febreiro de 2010). Precisamente, no Anexo VIII do devandito prego figuraba a relación do persoal a subrogar.
Segundo as noticias publicadas nos medios de comunicación, sobre as intencións por parte da empresa "UTE Fomento de Servizos Sociosanitarios ", respecto á reducción de horas/empregadas destinadas ao SAF, e vista a ausencia de respostas por parte da Concelleira responsable de Benestar Social ás preguntas efectuadas por este grupo municipal sobre todas estas cuestións nas correspondentes Xunta de Área.


Regulamento de Honores e Distincións

A terceira moción que defenderá o Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense terá como obxecto que o goberno municipal de forma inmediata inicie os trámites administrativos para a redacción dun novo Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ourense para que poda ser aprobado de forma consensuada por todos os grupos políticos.
O PPOU fundamenta a súa petición en que o Grupo Municipal do Partido Popular ven denunciando nos últimos anos o reiterado incumprimento por parte do Goberno Municipal do actual Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ourense.
Son moitos os casos que se levan dado neste sentido, así temos comprobado como o Goberno Municipal acorda distincións ó marxe deste regulamento e nalgúns casos sen estar aprobados en ningún órgano de goberno.
Noutros casos aprobáronse honores e distincións en órganos que carecen desa competencia, ou mesmo non teñen tramitado administrativamente peticións feitas por colectivos da nosa cidade en base o actual regulamento, sen ningunha xustificación por parte do Sr. Alcalde e o seu grupo de goberno.
Visto que o regulamento en vigor é de data de 1990 polo que en moitos aspectos atópase desfasado ou incompleto polo que é necesario a súa adaptación os tempos actuais.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: