Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 As comisións organizadoras dos próximos congresos locais de Maceda, Trives, Pereiro de Aguiar, Coles e Celanova designan aos candidatos

Imprimir ppou - 24-Xullo-2013 - 11:48:09 

 

  • As cinco comisións organizadoras dos Congresos Locais que se desenvolverán dende esta tarde ata o domingo reuníronse onte para designar como candidatos á presidencia local a Francisco Javier Nóvoa Rodríguez, para o Partido Popular de Maceda; Isauro Pérez González, para o PP de A Pobra de Trives; Manuel Doval Soto, para o PP de O Pereiro de Aguiar; Luís Antonio Iglesias Fernández, para o PP de Coles e José Luís Ferro Iglesias, para o PP de Celanova

 

Ourense, 24 de xullo de 2013.- As cinco comisións organizadoras dos Congresos Locais que se desenvolverán dende esta tarde ata o domingo reuníronse onte para designar como candidatos á presidencia local, logo de aportar os avais mínimos necesarios dos compromisarios, a Francisco Javier Nóvoa Rodríguez, para o Partido Popular de Maceda; Isauro Pérez González, para o PP de A Pobra de Trives; Manuel Doval Soto, para o PP de O Pereiro de Aguiar; Luís Antonio Iglesias Fernández, para o PP de Coles e José Luís Ferro Iglesias, para o PP de Celanova.

 

Nesta reunión, aprobáronse tamén as cinco Mesas que dirixirán os traballos durante a celebración destes congresos e ratificáronse as datas, horarios e lugares do seu desenvolvemento.

 

Así, esta tarde, ás 18.00 horas, desenvolverase o Congreso Local do PP de Maceda no Edificio Multiusos.

 

venres 26 de xullo,  ás 18.00 horas, o Congreso Local do PP de A Pobra de Trives, celebrarase na sede local que o PP ten neste municipio.

 

Para o sábado 27 de xullo, ás 10.30 horas, está prevista a celebración do Congreso Local do PP do Pereiro de Aguiar, no salón de actos do Centro de Día dos Gozos. Pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar o Congreso Local do PP de Coles, no Pazo de Fontefiz.

 


domingo 28 de xullo, ás 10.30 horas, o Congreso Local do PP de Celanova, desenvolverase no claustro barroco do Mosteiro de San Salvador.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: