Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU esixe a dimisión inmediata do alcalde reprobado de Ourense e do concelleiro de Facenda pola tomadura de pelo á cidadanía cos orzamentos deste ano

Imprimir ppou - 03-Xullo-2013 - 19:03:19 


  • Os populares consideran que o goberno en minoría absoluta de Ourense enganou conscientemente aos veciños da cidade con respecto á aprobación dos orzamentos

  • Ourense ten a dubidosa honra de ser a única gran cidade de Galicia que carecerá de contas este ano, pola falta total e absoluta de goberno e de xestión

  • Rosendo Fernández asegura que o anuncio agora de prorrogar os orzamentos 2012 responde únicamente a evitar a posible moción de confianza á que se tería que someter o alcalde por atoparse sen apoios para a súa aprobación


Ourense, 03 de xullo de 2013.- Tralo anuncio desta mañá, por parte do concelleiro de Facenda do Concello de Ourense, de que os orzamentos deste ano serán os prorrogados de 2012, o Grupo Municipal do Partido Popular esixe, de xeito inmediato, a dimisión do alcalde e do propio concelleiro de Facenda pola manifesta falta de xestión, denunciada reiteradamente polos populares, e hoxe finalmente consumada.

Tras varios anuncios e excusas acerca do grave retraso na aprobación dos orzamentos, os populares se preguntan o motivo polo que se anunciou o borrador dos mesmos, ou por qué se anunciou tamén un Plan de Emprego que é evidente que nesta situación non se vai levar a cabo. “É unha auténtica tomadura de pelo aos ourensáns, un engano en toda regra”, di Rosendo Fernández, “chegaron a anunciar que os orzamentos se aprobarían en xuño, despois xullo, e incluso se atreveron a condicionar este asunto á praza de economista que se tivo que anular por irregularidades no procedemento”

Xustifica agora o goberno en minoría absoluta de Ourense que a lei estatal impídelles agora sacar adiante os orzamentos. Unha lei que entrou en vigor en decembro de 2012 e que agora utilizan como excusa. “¿Acaso non a coñecían cando elaboraron o borrador, tarde mal e nunca?”, din os populares.


Único obxectivo: Evitar a moción de confianza

Por último, Rosendo Fernández amosa o seu convencimento de que esta estratexia responde única e exclusivamente a evitar a posible moción de confianza á que se tería que someter o alcalde ante unha hipotética non aprobación dos orzamentos en pleno, “xa que nin ten os apoios necesarios, nin tan siquera se esforza en buscalos”, di o portavoz dos populares. “Os ourensáns non se merecen un alcalde que esconde a cabeza baixo excusas baratas e carentes de credibilidade, como tampouco se merece esta cidade un goberno que non está para o que ten que estar: para gobernar e xestionar correctamente a institución municipal”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: