Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU solicita formalmente á Subdelegación do Goberno que investigue a correcta aplicación dos fondos do Plan E en Montealegre

Imprimir ppou - 22-Abril-2013 - 18:09:59 

  • Os populares aportan no seu escrito toda a documentación que levan recabando sobre este proxecto, así como un acta notarial que certifica a evolución e o estado do mesmo

Ourense, 22 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense ven de rexistrar por escrito unha solicitude formal para que dende a Subdelegación do Goberno de Ourense se investigue a aplicación dos fondos do Plan E invertidos en Montealegre.
Os populares fundamentan que, segundo establece o Real Decreto-Ley 13/2009, de 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local (BOE nº259 do 27 de outubro de 2009), no seu artigo 5.1: "La correcta aplicación de los recursos del Fondo a los fines previstos en el artículo 1 estará sometida a control por parte de la Intervención General de la Administración del Estado".
Na última visita de varios concelleiros, deputados e senadores do Partido Popular de Ourense a Montealegre, o pasado 14 de febreiro, certificouse que dita instalación e un monte semi-abandonado, lonxe do Xardín Botánico para o que se solicitaron os fondos estatais. As instalacións están descoidadas e abandonadas, non existen novas plantacións e as existentes están en mal estado de conservación, o mobiliario incluido no proxecto non está istalado e ás moitas deficiencias se lle suma o feito de que foi retirada toda sinalización que fai referencia á condición de "xardín botánico".
Argumentan os populares no seu escrito que, tendo en conta o proxecto "Restauración Paisajística de las Antiguas Canteras de Montealegre y la Contrucción del Edificio del Centro de Interpretación e Investigación del Jardín Botanico de Montealegre", realizado polo Concello de Ourense e financiado a través do Plan E por un importe de 1.951.191,92€, e tendo en conta tamén que na memoria inicial do proxecto para optar a dita financiación se especificaba que a inversión conlevaría a creación e consolidación dun xardín botánico, é precisa a investigación do destino que levaron os fondos deste proxecto.
Xunto coa solicitude por escrito para se abra unha investigación, os populares aportaron un dossier coa documentación referida ao proxecto de Montealegre (evolución do proxecto, inauguración, peche debido ás deficiencias detectadas polo PPOU, certificación final de obra e acta notarial que da fe da situación e evolución desta instalación).


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: