Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU acolle a reunión constitutiva do seu Comité de Dirección

Imprimir ppou - 25-Marzo-2013 - 19:55:15 

  • Este órgano dos populares ratificou hoxe a súa confianza no Ministerio de Fomento con respecto á integración da Alta Velocidade en Ourense
  • Mónica Mourelo foi ratificada esta tarde como coordinadora responsable de Transparencia dentro do Partido Popular de Ourense

comite direccionOurense, 25 de marzo de 2013.- A sede do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde a primeira reunión do recén constituido Comité de Dirección dos populares ourensáns. Estes encontros, aínda que serán maioritariamente na sede provincial, tamén se trasladarán de xeito itinerante ás diferentes sedes locais da provincia.
Neste encontro, o presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou as liñas mestras que tecerán esta nova etapa do PPOU recén iniciada tralo pasado Congreso Provincial e sinalou a importancia de acadar os obxectivos marcados: unha maior defensa de Ourense, unha máis activa cercanía cos cidadáns, un traballo conxunto a prol das políticas populares e innovacións nos eidos da organización interna e a estratexia de partido. De feito, na reunión de hoxe se fixou que un dos novos órganos do PPOU, o Comité de Estratexia Política se constituirá no mes de abril.
O Comité de Dirección do PPOU ratificou tamén esta tarde a súa confianza no Ministerio de Fomento con respecto á integración do AVE na cidade, asunto sen dúbida de máxima importancia para Ourense, como así o puxo de manifesto o presidente provincial, Manuel Baltar.
Tamén se mostrou o rexeitamento unánime e contundente do Comité de Dirección á explotación mineira Faramontaos 50891, adicada a extraer feldespatos en Xinzo.





Membros do Comité de Dirección

O Comité de Dirección do PPOU está presidido polo presidente provincial, José Manuel Baltar Blanco; o secretario xeral, Rosendo Luis Fernández Fernández; o vicesecretario xeral, Jorge Pumar Tesouro; a voceira, Cristina Fernández Romero; e o secretario de organización, Pablo Pérez Pérez.
Como vicesecretarios figuran Juan Manuel Jiménez Morán, Antonio Pérez Rodríguez, Moisés Blanco Paradelo, Luciano Rivero Cuquejo, Francisco José Fernández Pérez, Carmen Leyte Coello e José Manuel Freire Couto.
Os coordinadores son, en materia de Política Local, Manuel Doval Soto; Política Autonómica, Jesús Vázquez Abad; Política Nacional, Ana Belén Vázquez Blanco; Transparencia, Mónica Mourelo Pérez, cargo que foi ratificado esta tarde; Comunicación, Fernando Rodríguez Méndez; Economía e Finanzas, Beatriz González-Tejada Jácome; Mocidade, Jackeline Elisabeth Fernández Macías; Innovación Tecnolóxica, Patricia Domínguez Barja; Sanidade e Servizos Sociais, Miguel Ángel Santalices Vieira; e Igualdade, María Antonia Rilo Veiga.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: