Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Goberno Local de Ourense ten gastado no inexistente Centro de Coñecemento de La Molinera tres millóns de euros

Imprimir ppou - 20-Marzo-2013 - 13:15:59 

  • Os populares manifestan a súa desconfianza na correcta xustificación desta obra feita a través do Ministerio de Industria

Ourense, 20 de marzo de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do PPOU en Ourense, Rosendo Fernández, acompañado polos concelleiros Beatriz Tejada e Aurelio Gómez Villar, visitaron hoxe o Centro de Coñecemento "La Molinera", no barrio do Polvorín.
Alí diron conta de que nesta obra inacabada se destinou 1.000.000 € procedente do Ministerio de Cultura en 2009, así como 1.902.400 € do Ministerio de Industria, dentro do Programa Avanza. É dicir, case tres millóns de euros -case a totalidade do orzamentado en 2012 para inversión- cunha nefasta xestión, que non se logrou finalizar nos tres anos iniciais, prorrogándoo sen éxito dous anos máis.
Ante as dúbidas que asaltan aos populares, o Grupo Municipal do PPOU solicitou en reiteradas ocasións acceso a dito expediente, pero sin darles opción a ter copia do mesmo. Como anécdota, para revisar esta documentación, os concelleiros tiveron que acudir a tres dependencias diferentes, tendo que tomar nota a man dos datos que hoxe explicou Rosendo Fernández.
Esta obra do Centro de Coñecemento de La Molinera contou cunha partida orzamentada en 2011 de 1.491.144,67€, sendo adxudicada en Xunta de Goberno Local o 18 de outubro de 2011 a Construcciones Gamallo SLU por 1.098.506,20€. O contrato firmouse o 8 de novembro de 2011 e tiña un prazo de execución de 12 meses.

Segundo a revisión do expediente, existen 9 certificacións de obra:

1.- Novembro 2011: 9.313€
2.- Decembro 2011: 16.930€
3.- Xaneiro 2012: 98.433€
4.- Febreiro 2012: 139.954€
5.- Marzo 2012: 114.614€
6.- Abril 2012: 162.409€
7.- Maio 2012: 204.376€
8.- Xuño 2012: 183.472€
9.- Xuño 2012: 138.913€

Tendo en conta estas certificacións, quedaría por certificar 30.092 €, algo a todas luces incrible, tendo en conta o estado actual das obras.
Un proxecto que se inicia en 2008, que inicialmente tiña tres anos para a súa execución, que se piden tódalas prórrogas posibles ata agosto de 2012 e, aínda así se teñen perdido 173.065 €.
Non concordan as xustificacións de obra. Este proxecto se adxudica en novembro de 2011 cun ano de prazo de execución. As certificacións finalizan en xuño de 2012 cun importe case da totalidade da adxudicación, só restando 30.092 €.
O 31 de outubro, a empresa adxudicataria cesa na obra por problemas internos, recoñecendo que levan arrastrando un importante retraso na obra.
Se a última certificación é de xuño de 2012, ¿Cómo é que traballaron alí durante xullo, agosto, setembro e outubro? Chama tamén poderosamente a atención as dúas certificacións de xuño, xa que normalmente se fai unha por mes, que suman 322.385€, o que supón que nin só mes se certificase o 30,20% da obra.
Tamén sorprende aos populares que se xustificara a compra de ordenadores, programas, pantallas, etc para un edificio sen terminar. A compra aprobouse, con carácter de urxencia, na xunta de goberno local do 15 de marzo de 2012, por un montante total de 539.839,99 €. Co risco de que ese material mercado en 2011, cando finalmente se instale, esté obsoleto. E tamén chama a atención que se facturase a súa instalación neste recinto ¿Onde?. E tamén que se comprase tinta e tóner para uns equipos que descoñecemos onde está.
Non poden deixar pasar por alto os populares que se pagase o último día de xustificación 578.386€, o que supón o 33,45% do total do xustificado en cinco anos. E, por si fora pouco, cada mes se están pagando 13.000 € en vixilancia privada da obra, cando esta función ben podería ser desempeñada por axentes da Policía Local.
Sospeitan os populares que o Goberno Municipal non pode adxudicar o que resta desta obra por non ter Orzamentos para este ano, outra consecuencia perniciosa para os intereses xerais da cidade por non ter capacidade de xestión. De feito, o Goberno Local non ten claro que o que resta por executar: o 9 de novembro, o concelleiro responsable dicía que quedaba "o 15 ou 20%", e hoxe en día andan dicindo que resta o 5%. Sospeitan os populares que o único certo en todo esto é que estamos ante menos obra feita da que está xustificada e pagada.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: