Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar presenta 1.007 avais de compromisarios, dos 300 requeridos, que refrendan a súa candidatura á Presidencia do PPOU

Imprimir ppou - 14-Marzo-2013 - 20:42:44 

O candidato entregou hoxe aos membros da Comisión Organizadora do XVI Congreso Provincial as firmas que refrendan a súa candidatura

entrega avaisOurense, 14 de marzo de 2013.- O candidato Manuel Baltar ven de presentar aos membros da Comisión Organizadora do XVI Congreso Provincial do Partido Popular de Ourense os 1.007 avais de compromisarios que apoian a súa candidatura á Presidencia do PPOU. Neste trámite requeríanse un mínimo de 300 sinaturas.
Manuel Baltar fixo entrega destes avais esta tarde na sede dos populares, cumprindo así o trámite previo á celebración do congreso deste sábado.
Tal e como informaron esta mañá os membros da Comisión Organizadora do XVI Congreso Provincial, están chamados á votación do sábado 1.150 compromisarios, así como tamén se prevé a asistencia de 600 invitados de tódolos concellos da provincia, pertencentes tamén a diferentes sectores económicos, sociais, asociativos, sindicais e empresariais de Ourense.

Último acto coa militancia, na cidade
Por outra banda, a aula sociocultural de NovaGalicia Banco, situada na avenida de Pontevedra, acollerá mañá venres 15 de marzo, ás 20 horas, o último encontro coa militancia no que estará o candidato dentro da campaña electoral interna dos populares.
Neste acto, como xa fixo noutras capitais comarcais (Xinzo, Trives, Carballiño, Verín, Celanova, Ribadavia, Barbadás, O Barco e Bande), Manuel Baltar presentará o seu programa de goberno para o PPOU nos vindeiros anos e someterase ás cuestións que lle trasladen os militantes e afiliados do PPOU da cidade de Ourense.





(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: