Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A edil popular Belén Iglesias celebra que agora, por fin, o Concello de Ourense se sume á Rede de Dinamización Lingüística

Imprimir ppou - 11-Marzo-2013 - 13:51:57 

  • Hai un ano, o Goberno Local rexeitara esta petición, formulada en pleno a través dunha moción do PPOU

Belén IglesiasOurense, 11 de marzo de 2013.- Na Xunta de Goberno Local do pasado 28 de febreiro acordouse a adhesión do Concello de Ourense á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
Lembra a concelleira Belén Iglesias que no pleno do 3 de febreiro do pasado ano, o Grupo Municipal do PP solicitara a través dunha moción, a adhesión do Concelo á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Daquela, se lle recordara á señora concelleira delegada de Educación que esta adhesión suporía que o Concello tería a posibilidade de ofrecer actividades para adultos, nenos e xóvenes con total autonomía municipal para decidir lugar, horarios e contidos, así como a posibilidade de realizar cursos CELGA.
Se lle recordara tamén daquela ao Goberno Local que había máis de 90 concellos inscritos nesta rede, así como deputacións e mancomunidades. As vantaxes de formar parte desta iniciativa incluirían máis puntuación para optar a subvencións, optimizar os recursos existentes e aumentar a presencia social nas accións encamiñadas á dinamización lingüística.
Pese a todo isto, PSOE e BNG votaran en contra desta iniciativa hai un ano e un mes. Por elo, a concelleira Belén Iglesias celebra que agora sí, o Concello decidise sumarse a esta iniciativa, ainda que cun ano de retraso no que se puideron ter avanzado as actividades propias da rede de dinamización.
Por outra banda, o Grupo Municipal do PP, ven de rexistrar un escrito no que solicita acceso e vista ás actas das reunións do Consello Escolar Municipal (CEM), xa que no artigo 9.3 do se regulamento especifica que este órgano debe reunirse con carácter ordinario tres veces durante o curso escolar, e con carácter extraordinario cando a Presidencia o considere oportuno ou o solicite a terceira parte dos membros.
Precisamente, no tocante aos membros, o artigo 2.d dese regulamento fai referencia a que 10 deles serán elexidos pola Corporación Municipal. Gracias á actitude dictatorial e antidemocrática da señora concelleira delegada de Educación, os membros da oposición non poden participar desta elección, xa que dona Ana Garrido identifica, a mala fe ou por ignorancia, "Corporación Municipal" con "Goberno Municipal".
Esta conducta falta de consenso se reflicte tamén nos consellos escolares, xa que a señora concelleira eliminou por decreto aos membros da oposición dos diferentes centros escolares, onde sempre tiveron representación. "Esto só ocurre en Ourense, xa que no resto das sete grandes cidades de Galicia a oposición ten a posibilidade de formar parte destes consellos escolares", lembra Belén Iglesias, quen recorda tamén que cando o PSOE e tamén o BNG estaban na oposición municipal, sempre solicitaban consenso neste ámbito e nunca se lles negara.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: