Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar defende a política "con vocación de servizo público, onde non todo vale"

Imprimir ppou - 02-Marzo-2013 - 21:41:47 

  • No Congreso do PP de Lugo, celebrado en Burela, o presidente provincial do PPOU reivindicou "a política real", con especial fincapé na "política local"  

MB en BurelaBurela, 2 de marzo de 2013.- O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar fixo hoxe en Burela (Lugo) unha defensa "contundente e comprometida" da política, algo que el entende como un exercicio "con vocación de servizo público onde non todo vale". Así o expresou o presidente provincial na súa intervención no Congreso do PP de Lugo, no que o candidato, Xosé Manuel Barreiro, portavoz del PP en el Senado, seguirá como presidente provincial del PP en Lugo ao obter unha maioría do 96,48% dos votos, con 713 apoios a favor dun total de 739.
Manuel Baltar diferenciou no seu discurso o congreso que o PP celebrou en Burela do comité nacional que o PSdeG celebrou en Santiago, afirmando que eles (PSOE) falan de pasado, "mentres nós centrámonos no futuro".  Baltar reivindicou con efusividade "a política real", con especial fincapé na "política local", e aludiu á importancia da emigración, ademais de dedicar unhas palabras ao chamado "León de Vilalba", o falecido Manuel Fraga, "creador do noso partido".
Manuel Baltar manifestou: «Nunca hai que ter medo á palabra", e subliñou a defensa da "conciencia autonómica", enumerando a defensa "da terra, do pobo e da fala", porque "a autonomía dos pobos afíncase na súa propia lingua", destacou na terra de Piñeiro e Vilar Ponte.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: