Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O candidato Manuel Baltar leva as súas propostas a O Carballiño

Imprimir ppou - 26-Febreiro-2013 - 21:17:04 

carballino1carballino2O Carballiño, 26 de febreiro de 2013.- O candidato á Presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta tarde un encontro coa militancia popular da vila do Arenteiro, dentro da rolda de actos electorais que conforman a campaña interna do PPOU.
Neste encontro, no que estivo acompañado polo alcalde e responsable local do PP no Carballiño, Argimiro Marnotes, Manuel Baltar explicou polo miúdo as propostas do seu programa de goberno no Partido Popular para os vindeiros anos, onde o achegamento cara a cidadanía, a modernización e a importancia de levar a cabo unha xestión coordinada e óptima, co fin de defender os intereses da provincia, son claves para os vindeiros anos.
A reelección de Manuel Baltar como presidente do Partido Popular de Ourense levarase a cabo o vindeiro 16 de marzo, no marco do XVI Congreso Provincial do PP de Ourense, que terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Mañá, o acto da campaña interna do PPOU desenrolarase en Verín, ás 19 horas, na sede dos populares da vila do Támega.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: