Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Concello de Ourense rexeita unha achega de 141.693,03 €, concedida pola Xunta, para soterrar as infraestruturas eléctricas do barrio de Covadonga

Imprimir ppou - 20-Novembro-2012 - 12:59:17 

·Os populares denuncian que o grupo de Goberno renunciou a esta subvención, concedida o 02 de outubro,  alegando "imposibilidade de executar o proxecto", cifrado en 177.166,29€ (o 80% o sufragaría a Xunta) , pese a que tiña prazo para elo ata o 15 de decembro
·Dos 16 concellos galegos que solicitaron esta axuda, só Ourense e outro da provincia da Coruña rexeitaron dita subvención

Ourense, 20 de novembro de 2012.- O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Rosendo Fernández, así como os concelleiros Marinel Fernández e Bernardino González, compareceron hoxe no barrio de Covadonga para dar conta dun feito imperdoable -tal e como o calificou o líder dos populares- con respecto a este barrio da cidade.
Sinalou que o Concelo de Ourense ven de rexeitar, na Xunta de Goberno do pasado 25 de outubro, unha subvención de  141.693,03€, concedida pola Consellería de Economía e Industria (a convocatoria fora publicada no DOG de 12 de xuño de 2012), para soterrar as infraestructuras eléctricas (cableado) de baixa tensión no barrio, cuxo proxecto contaba cun importe de 177.166,29€. Tal e como explicou Rosendo Fernández, o goberno municipal reununciou a esta achega alegando "a imposibilidade de executar dito proxecto", cando o certo é que tiña de prazo dende o 02 de outubro (data da concesión da axuda) ata o 15 de decembro.
Recalcou Rosendo Fernández que no momento en que o Concello de Ourense solicitara esta achega (o pasado 14 de xullo), xa tiña coñecemento dos prazos de xustificación establecidos na orde. Asemade, dos 16 concellos de Galicia beneficiarios desta axuda, tan só dous renunciaron á mesma, sendo un deles o de Ourense. Os cartos que estaban destinados para o barrio de Covadonga, cuxo proxecto fora aprobado por Xunta de Goberno o pasado 05 de xullo, foron a parar aos concellos que estaban en lista de agarda da devandita convocatoria de subvencións.
Rosendo Fernández pediu expresamente responsabilidades ao equipo de goberno da cidade para esta perda, así como que asuman de inmediato este necesario proxecto xa que, como se pode comprobar cunha simple ollada, o cableado atópase ao alcance da man de calquera persoa.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: