Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Concello de A Bola debe 1.025.000€ a proveedores

Imprimir ppou - 10-Abril-2012 - 15:32:01 

A Bola, 10 de abril de 2012.- O grupo municipal do PP en A Bola mostra o seu desconcerto e mal estar polas débedas a provedores de 1.025.000€ recoñecida pola Sra. Alcaldesa no último pleno  que tivo lugar o pasado xoves 29 de Marzo.
Xa en Outubro do pasado ano o grupo do PP pedía aclaracións a Sra. Alcaldesa pola débeda que esta corporación tiña con provedores por encima do millón de euros, a cal foi negada pola rexedora do concello como se recolleu en prensa o dia 27 de Outubro de 2011, cando a Sra. Alcaldesa recoñecía unha débeda de 200.000 € e deixaba aos concelleiros do PP como uns mentirosos. De súpeto apareceron facturas polo millón de euros, "parece ser que estas teñen o don de aparecer e desaparecer á mellor conveniencia", tal e como manifesta o portavoz popular en A Bola, José Antonio Dapía Afonso.
Outro punto no cal a Sra. Alcaldesa volveu a mentir, segundo o grupo municipal dos populares,  é na recollida do lixo, cando a Sra. Alcaldesa estivo alardeando que saía da Mancomunidade Terras de Celanova porque a factura lle saía demasiado cara ós veciños. Agora atopámonos que vai subir os recibos a 50€ e con disminución de servizos tales como a menor frecuencia recollida.
Outro punto gravísimo, é que ao non estar mancomunado, o Concello da Bola carece do servizo de bombeiros, o que quere dicir que si algunha casa arde no municipio, temos que estar pendentes da dispoñibilidade do servizo de extinción.
Pedimos por todo elo unha rectificación da Sra. Alcaldesa, primeiro ante os seus veciños e despois ante o Grupo Municipal do PP.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: