Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU intensifica o seu contacto cos veciños con reunións periódicas nas asociacións de veciños

Imprimir ppou - 05-Abril-2012 - 20:45:10 

Ourense, 05 de abril de 2012.- Os concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal do Partido Popular en Ourense levan varias semanas desenvolvendo unha serie de reunións con diferentes asociacións de veciños, co fin de pulsar as inquedanzas, reivindicacións, necesidades e todo aquelo que lle afecta aos habitantes de tódolos barrios da cidade.

Estas reunións foron planificadas dende hai semanas a petición do portavoz popular no Concello de Ourense, Rosendo Fernández, quen subliña a necesidade de manter un contacto permanente cos veciños da cidade e coñecer deste xeito, de primeira man, tódolos asuntos que de verdade importan aos ourensáns.

Ata o de agora, os concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal do PPOU mantiveron reunións coas asociacións de veciños de Rabo de galo, Eiroás, Quintela, Rúa do Vinteún, Cudeiro, Santa Teresita, Covadonga, San Miguel Canedo, Santa Ana O Pino, Chavasqueira, Castro de Beiro, Agarimo e Untes, así como coa Federación Limiar e a Agrupación Miño.

En todas estas reunións, os membros do Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense están recabando diversa información que posteriormente están trasladando ás diferentes xuntas de área do Concello de Ourense, naquelas que se convocan con regularidade, co fin de buscar solucións e informar sobre estes asuntos aos veciños. Ao pasar a presente Semana Santa, as reunións retomaranse co fin de completar a rolda de contactos con tódalas asociacións de veciños da cidade.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: