Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular reúne á súa xunta local de Celanova

Imprimir ppou - 02-Abril-2012 - 15:33:50 


Celanova, 02 de abril de 2012.-
O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, participou nunha reunión que mantivo a xunta local do PPOU en Celanova, formando parte da campaña permanente que o presidente provincial está a realizar en tódolos municipios ourensáns para coñecer de primeira man as inquedanzas, demandas, reivindicacións, ideas e suxestións de todos os afiliados, militantes e simpatizantes do Partido Popular de Ourense.
Na reunión de Celanova, onde tamén participaron medio cento de militantes e afiliados deste municipio, Manuel Baltar sinalou o importante traballo diario que se está a realizar dende esa xunta local, manifestando que "o Partido Popular de Ourense está e estará sempre ao carón dos veciños e das súas máis inmediatas reivindicacións", manifestando deste xeito a necesidade de manter un contacto diario cos asuntos cotiáns que lle afectan a todos os habitantes de Celanova.
Encontros como o de Celanova estanse a producir en todos os municipios da provincia de Ourense e continuarán de xeito periódico coa presenza do presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, coa finalidade de seguir mantendo a cercanía cos militantes, afiliados e simpatizantes populares.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: