Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP pide o cese do edil de Economía por agochar facturas por valor de 2,2 millóns de euros

Imprimir ppou - 29-Marzo-2012 - 09:01:58 

Ourense, 28 de marzo de 2012.- O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Rosendo Fernández, así como a concelleira popular responsable de Economía, Beatriz Tejada, diron esta mañá unha rolda de prensa para falar de dous asuntos: por un lado, as irregularidades no servizo de limpeza e polo outro, un novo capítulo do despropósito no que está instalada a xestión económica deste Concello.

No tocante ao Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos e de Limpeza Viaria do Concello de Ourene, Rosendo Fernández relatou os seguintes puntos ao respecto, no que considera graves irregularidades:

  • 1) A concesión baixo sospeita (hai 3 anos), coa inmediata admisión a trámite, que denota indicios claros e contundentes de irregularidades neste proceso. É, que ademáis, admitíronse todas as probas periciais propostas: isto é de por sí preocupante, xa que da a entender unha denuncia fundamentada, tal e como sinalou Rosendo Fernández, quen lembrou tamén que houbo unha comparecencia o pasado 30 de marzo, de diferentes técnicos municipais relacionados co proceso de adxudicación, con preguntas do abogado demandante. Algo que, entendemos, absolutamente extraordinario nun proceso contencioso. A anulación desta adxudicación daría lugar a unha cuantiosa indemnización co diñeiro de todos os cidadáns.
  • 2) O señor Alcalde anunciara no seu momento unha auditoría para tapar vergonzas: O Concello ten a obriga, e os mecanismos xurídicos para detectar, correxir e sancionar irregularidades. O Concello ten mecanismos para controlar e fiscalizar a empresa, "a non ser que queira actuar con ánimo revanchista dentro do propio PSOE".
  • 3) Ingresos por reciclaxe. Existe unha grave irresponsabilidade do Concello ao non ter reclamado o pago despois de máis de 3 anos, ata que preguntou o PP sobre este asunto. A cantidade, máis de 700.000 euros, non é desdeñable. Rosendo Fernández pregúntase o motivo polo que non se solicitaron os intereses de demora ou se haberá sanción á empresa ou amonestación por non ter abonado esta cantidade en tempo e forma. "Ante esto, só nos queda pensar nunha posible connivencia entre a empresa e o Concello", recalcou o portavoz municipal.
  • 4) O Concello debería ter posto en servizo bocas de rego con auga non potable para tódolos traballos de limpeza e baldeo das rúas. Únicamente hai seis e ninguna está en todo o barrio da Ponte, o cal conleva un elevado coste medioambiental, máxime coa grave seca que estamos a padecer, así como un elevado coste económico para os cidadáns, ao estar despilfarrando auga potabilizada.

No que atinxe á caótica, errática e cada vez máis esperpéntica xestión económica deste Concello, que explicou polo miúdo Beatriz Tejada, Rosendo adiantou que o señor concelleiro de Economía, Agustín Fernández, así como o seu cómplice, o Alcalde Perdedor desta cidade, novamente demostran o que vale a súa palabra: NADA. "E o digo así de claro porque novamente trataron de engañar a todos os veciños desta cidade, afirmando que as obrigas de pago deste Concello era de 2.079.306,08 euros, como así o dixo o pasado día 16 de marzo, cando en realidade a cantidade correspondente a facturas impagadas que ata o de agora se coñece é de máis do doble: 4.297.195,98 euros".

Beatriz Tejada lembrou que o Real Decreto 4/2012 de 24 de febreiro, polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiación para o pago aos proveedores das entidades locais, obriga aos Concellos a facer públicas as súas obrigas de pago a data 1 de xaneiro de 2012.

Segundo anunciara o concelleiro de Economía o pasado 16 de marzo, e así consta no certificado dos servizos de Intervención deste Concello, as obrigas de pago con proveedores era de 2.079.306,08 euros. Ata aquí, nada que obxectar, sinalou a concelleira popular.

Nembargantes, Beatriz Tejada informou de que existen dous acordos de Xunta de Goberno Local nos que o Bipartito argumenta do seguinte xeito:

"Aprobar a seguinte relación de facturas correspondente a gastos realizados no exercicio 2011 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no debandito exercicio por ser recibidas demasiado tarde no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria".

Na Xunta de Goberno Local de 16 de febreiro, o importe desas facturas era de 1.510.884,78 euros.

Na Xunta de Goberno Local de 15 de marzo, o importe das facturas era de 707.005,12 euros.

Ámbalas dúas suman 2.217.889,90 euros de obrigacións de pago non recoñecidas no pasado exercicio.

Beatriz Tejada sinalou que "os cidadáns teñen que saber que as obrigas de pago con proveedores do Concello non son só  de 2.079.306,08 euros certificados pola Intervención Municipal, senón que agora acaban de saír á luz facturas agochadas nos caixóns por valor de 2.217.889,90 euros (e non sabemos se haberá máis, ainda que se pode sospeitar). Con todo isto, a débeda real, coñecida ata o de agora, é de 4.297.195,98 euros", afirmou Beatriz Tejada, quen tamén aventurou que "seguramente recurrirá o concelleiro de Economía á sempiterna excusa de que "eles non teñen a culpa de si os proveedores lles envían tarde as facturas". E eu me pregunto: ¿Alguén cre que na situación económica na que nos atopamos, algún proveedor se permite o luxo de atrasar facturas, cando en moitos casos a do Concello pode ser o seu único ingreso en semanas? Esto denota unha falla total de xestión e de respeto cara os proveedores".

Rosendo Fernández concluiu a rolda de prensa afirmando que:
"Estamos, como ven, nunha grave situación de descontrol económico deste Concello, cos habituais bandazos na xestión e coas mentiras ás que nos queren acostumbrar. E se a esto lle engadimos que Ourense é a única das grandes ciudades galegas que aínda non ten nin siquera o borrador dos presupostos, condenando a esta cidade a unha total falla de proxectos e inversión, afondando na crise económica que sufren os empresarios e cidadáns de Ourense sen que no Bipartito sexan capaces de articular accións que dinamicen a economía, pois nin siquera son capaces de poñerse dacordo entre eles mesmos. Por eso, pedimos ao señor Alcalde Perdedor desta cidade que non sexa cómplice da desfeita que está provocando o señor concelleiro de Economía, que sexa valiente, que diga a verdade e que tome a necesaria decisión de cesar ao responsable da Economía deste Concello pola súa manifesta incompetencia e dañina xestión".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: