Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP pide que o Alcalde de Carballeda de Avia se baixe o soldo (2.500€ por adicación parcial) como medida de aforro

Imprimir ppou - 29-Marzo-2012 - 08:55:54 

Carballeda de Avia, 28 de marzo de 2012.- O grupo municipal do PP de Carballeda de Avia   aplaude a iniciativa do Goberno Central que permite acabar cos atrasos acumulados no pagamento das obrigas que contraeron as entidades locais cos seus provedores, coa conseguinte incidencia negativa na liquidez das empresas. É unha vergoña que sexan precisamente as administración, como é o caso do Concello de Carballeda de Avia, as que mais atrasan os seus pagamentos a proveedores.

Este mecanismo de financiamento leva aparellada unha operación de endebedamento a longo prazo e obriga ao Concello a aprobar un plan de axuste, que se presentou hoxe no pleno municipal de Carballeda de Avia, que debe responder a uns criterios básicos para garantir unha sostibilidade financeira da operación que debe extenderse durante 10 anos. "É aquí onde empezaron os nosos maiores temores xa que dubidamos seriamente de que este plan de axuste garanta a sostibilidade da devolución da axuda porque pode impedir a consistencia anual dos presupostos con principios do plan de axuste", relata Lorenzo González Rodríguez, portavoz municipal do PP en Carballeda de Avia.


O plan de axuste centrárase nos seguintes aspectos:
1) Suba doIVTM, taxa de lixo e creación da taxa para o uso dos tanatorios municipais. Esta suba de impostos e taxas, se acordaron moito antes de que se promulgase esta Lei, e foi defendida polo grupo municipal doPSOEe polo Alcalde como medida para facer fronteao mantemento duns servizos bastantes deficitarios (según informes municipais achegados). E dicir é unha medida de gasto non de aforro.
2) Reforzo da recadación executiva e voluntaria: medida que tamén se acordou con anterioridade a este plan de axuste.
3) Actualización catastral.
4) Redución dos custos de persoal: Esta e a medida máis conflictiva e curiosa xa que neste punto optase só por reducir o número de empregados cando tamén se consideraba a redución de soldos, como podía ser o soldo do Alcalde. Con esta descafeinada medida preténdense aforrar 30.000 € ao ano, unha cifra considerable se vemos que o ano pasado o Concello gastou 130.000 € en persoal laboral temporal.
"O PP propuxo que o Alcalde accedese a reducir o seu soldo este ano, equiparándoo co que cobraría normalmente calquera empregado por unha media xornada (actualmente o Alcalde ten unha dedicación parcial), xa que o importe actual, uns 2.500 €, triplica e cuadriplica o que debería pagárselle por media xornada. É de xustiza que se subimos os impostos, creamos taxas e apertamos o cinto, este esforzo sexa igual para todos. Non é normal que nun Concello de 1.200 habitantes un Alcalde cobre esta cantidade", sinala o portavoz do PP.
5) Posta en marcha dun servizo de recadación municipal: con este novo servizo pretenden aforrar uns 10.000 ou 11.000 € ao ano a partir do 2014. Estas contas non nos cadran de todo, xa que en primeiro lugar hai que amortizar o investimento de 23.000 € do programa informático, en segundo lugar hai que pagar o material, uns 400 €, e finalmente, hai que pagar un soldo á persoa encargada do servizo, que pode roldar entre os 800 ou 400 € ao mes, segundo o tipo de contratación (uns 10.000 ou 5.000 € ao ano). Polo tanto, consideramos que o aforro pode ser menor que o que nos propoñeron con esta medida.
6) Mancomunar servizos de recollida de lixo mediante o Consorcio do Noroeste: xa era hora que este proxecto comezase a andar e a traballar despois de tres anos de completa inactividade. Suponse un aforro de 5.000 € ao ano. Neste caso pedimos prudencia xa que este Concello ten a experiencia de que non todos os servizos mancomunados funcionan, tal e como sucedeu coas pas deMaside e deRibadavia. Ainda asi, o aforro non e suficiente para cubrir o custe total da recollida de basura no Concello, este segue sendo deficitario.
Todo este plan de axuste permitira solicitar unha axuda por importe de 225.407 € (un 23% do presuposto actual) para pagar 737 facturas, case todas elas dende o ano 2009 ata decembro do 2011, todas nos gobernó do PSOE. Por esta axuda pagaremos uns intereses do 5% anual durante 10 anos, cun período de carencia total de 2 anos, outro período de 2 anos no que só pagaremos intereses e un ultimo período no que se devolverán os intereses e amortizase capital. "En total uns 35.000€/ano que sumado aos 65.000 € ao ano que actualmente pagamos pola devolución de préstamos bancarios (do que nos quedan algo mais de 8 anos por pagar) suman un total de 100.000€ o ano, coantia que duplica con creces o partida dedicada a inversións no 2011, e que se converte nunha triste herdanza que estamos deixando ás novas xeracións", di o portavoz popular.
Sinala Lorenzo González que "tiñamos polo tanto moitas reticencias con este plan de axuste e mais cando moitas das súas medidas parecen unha mera maquillaxe de cara aos nosos veciños e de cara á administración estatal competente. Era indispensable, para poder manifestar o noso apoio a este plan, que se pactase reducir o soldo do Alcalde, axudas a actividades nas que apenas participan 7 ou 8 persoas, telefono, comidas veciñais, etc. Pero como esto non foi posible, non tivemos mais remedio que absternosna votacion, xa que se trata dun plan inxusto, desigual, que carga o peso da débeda unicamente nos veciños e veciñas de Carballeda, e que non en consistente nin concordante coas condicións establecidas pola lei".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: