Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os afiliados e militantes do Distrito Centro aportan as súas suxerencias na sede do PPOU

Imprimir ppou - 15-Marzo-2012 - 20:27:25 

Ourense, 15 de marzo de 2012.- Hoxe xoves, 15 de marzo, na sede do Partido Popular de Ourense, o secretario provincial e portavoz municipal dos populares, Rosendo Fernández, presidiu a reunión mensual do Distrito 1 (Centro) do PPOU, xunto co presidente do devandito distrito, o tamén concelleiro en Ourense Miguel Abad.
Neste encontro, que se produce cunha periodicidade mensual, se fixo lectura da acta da sesión anterior e se lles diu a coñecer aos militantes e afiliados populares da zona de centro da cidade a labor que se está a desenvolver, sobre todo, na política municipal que está levando a cabo o PPOU no Concello de Ourense. O obxectivo primordial destas reunións e pulsar o sentir, as opinións e as inquedanzas das bases do Partido Popular e informalos puntualmente de tódalas accións e iniciativas que impulsan os concelleiros e demás cargos orgánicos e institucionais do PPOU. De feito, no apartado de rogos e preguntas, a participación dos asistentes é moi activa, aportando ideas e informando acerca de asuntos que lles preocupan aos veciños da zona centro da cidade.
Estas reunións mensuais tamén se levan a cabo cos afiliados e militantes do Distrito 2 (zona de San Francisco e arredores), Distrito 3 (Zona Couto e arredores), Distrito 4 (Mariñamansa e arredores) e o Distrito 5 (A Ponte, O Vinteún e parroquias colindantes).    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: